Pídenlle 7 anos por violar a unha moza que bebera

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, en Vigo, acollerá mañá un xuízo contra un home acusado de violar a unha moza de 19 anos que se atopaba baixo os efectos do alcol ao saír dunha discoteca.
Publicado por o día 20/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Pídenlle 7 anos por violar a unha moza que bebera

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, en Vigo, acollerá mañá un xuízo contra un home acusado de violar a unha moza de 19 anos que se atopaba baixo os efectos do alcol ao saír dunha discoteca.
 
A causa procede do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo e, polos feitos que se lle imputan, a Fiscalía pide sete anos e cinco meses de cárcere por un delito de abusos sexuais sen consentimento e con penetración.
 
Os feitos ocorreron na madrugada do 3 de febreiro de 2018, cando M.I.S. chegou ás 07.00 a unha discoteca viguesa, “onde bebeu grandes cantidades de alcol” e na que se atopaba o acusado (A.A.P.A.) observándoa. O home ofreceuse a levala a casa e foi no coche onde a violou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.