Pino: “Apostamos por beneficios fiscais ás familias para paliar a baixa natalidade en Galicia”

A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, presenta as propostas da formación laranxa para as familias numerosas tras reunirse coa Asociación Galega de Familias Numerosas.
Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Pino: “Apostamos por beneficios fiscais ás familias para paliar a baixa natalidade en Galicia”

“Apostamos por beneficios fiscais ás familias para paliar a baixa natalidade en Galicia”. Así o asegurou esta mañá a candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, tras reunirse cos responsable da Asociación Galega de Familias Numerosas.
 
Pino destacou que “un país sen nenos é un país sen futuro. Hai moitos españois que queren formar unha familia, ser pais e nais, e non poden facelo porque non hai políticas adecuadas para favorecer a conciliación e a igualdade real entre homes e mulleres. É un problema para millóns de persoas que ademais ten consecuencias económicas para o noso país”.
 
A candidata da formación laranxa ha asegurado que “Cs é o partido das familias e por iso, propoñemos estender a todas as familias con 2 fillos e ás familias monoparentais con 1 fillo os beneficios das familias numerosas. Por exemplo, o 50% desconto en matrícula universidade, 20% desconto transportes ou 1.200 euros ao ano de axuda, entre outras medidas”.
 
Pino destacou que esta proposta beneficiará a unhas 82.000 familias da provincia de Pontevedra.
 
Tamén “estenderemos os beneficios das familias numerosas de categoría especial a todas as familias que agora son numerosas e a todas as monoparentais con 2 fillos, o que beneficiará a máis de 10.000 familias pontevedresas”.
 
Para finalizar, quixo lembrar que se trata dun problema que hai que abordar. “Temos un problema grave co despoboamento e coa baixa natalidade e por iso temos un programa adaptado e pensando en políticas familiares pensadas a medio e longo prazo”.