Pino: “Confiamos en mellorar os resultados de abril xa que somos a única alternativa para cambiar as cousas”

A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, pide aos pontevedreses que o domingo vaian votar “pensando no país que queren para os seus fillos e para o seu futuro”
Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Pino: “Confiamos en mellorar os resultados de abril xa que somos a única alternativa para cambiar as cousas”
“Confiamos en mellorar os resultados de abril xa que somos a única alternativa para cambiar as cousas”. Así o asegurou este xoves a candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino.
 
A candidata da formación liberal está convencida e segura que o domingo van dar un envorco nas urnas para poder “formar un goberno moderado e liberal en España”.
 
Pino percorreuse nas últimas semanas a provincia de Pontevedra e puido comprobar que “a xente está enchufada e disposta a ir votar”.
 
A candidata por Pontevedra insistiu en que o seu partido é “a única alternativa para cambiar as cousas. Hai que pedir á xente que vote en liberdade e pensando que país queren deixar para os seus fillos e para o seu futuro”.
 
Pino asegurou que a Sánchez e ao PSOE trémenlle as pernas e que a súa proposta no debate de deixar votar á lista máis votada, “é unha proposta de perdedor”.
 
Para finalizar, a candidata da formación liberal está convencida de que as urnas se van a encher este domingo de votos laranxas porque Cs é o partido das familias, autónomos, emprendedores, ou dos que queren acabar co despoboamento ou dunha corrupción “propia doutras formacións”.