Pino: “Esiximos que se manteñan os postos de traballo en Povisa”

A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, reúnese co Comité de Empresa de Povisa para coñecer de primeira man as preocupacións dos traballadores tras a venda do centro hospitalario.
Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Pino: “Esiximos que se manteñan os postos de traballo en Povisa”

“Esiximos que se manteñan os postos de traballo en Povisa”, así o asegurou esta mañá a candidata de Cidadáns por Pontevedra, Beatriz Pino, despois reunirse cos representantes do Comité de Empresa de Povisa tras a venda do centro hospitalario ao Grupo Empresarial Ribeira Saúde.
 
A candidata da formación liberal ha mostrado a súa preocupación pola situación que están a atravesar os traballadores “ante a incerteza polo seu futuro xa que ninguén lles comunicou nada”.
 
Beatriz Pino asegurou que o SERGAS ten que “tomar cartas no asunto e actuar” e esixiu á Xunta de Galicia que reciba ao traballadores e “déalles as correspondentes explicacións”.
 
A candidata da formación laranxa ha lembrado que hai “moitas familias pendentes do seu futuro” e insistiu en que hai “moitos usuarios” que tamén están pendentes do que vaia a pasar con Povisa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.