Pino: “Hai tempo de chegar a un acordo se hai vontade por parte do PP”

A portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, móstrase convencida de chegar a un acordo cos populares tras a última proposta realizada pola formación laranxa esta mesma mañá.
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Ciudadanos,Política

Pino: “Hai tempo de chegar a un acordo se hai vontade por parte do PP”

“Hai tempo de chegar a un acordo se hai vontade por parte do PP”. Así o asegurou esta mañá a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, tras coñecerse a última proposta realizada pola formación laranxa.

A responsable da formación liberal ha mostrado un día máis a súa preocupación polo auxe dos nacionalismos e o populismo en Galicia tal e como reflicten as últimas enquisas. “Feijóo está a poucos votos da maioría e cada voto constitucionalista vai ser fundamental para evitar que o BNG e os populistas chegue á Xunta de Galicia”

Pino destacou que a formación laranxa tentarao ata o último momento xa que “Galicia merece que podamos chegar a acordos e superar as diferenzas. Non podemos comprometer o futuro dos galegos. Estamos a tempo”.

A responsable de Cs Galicia está convida que finalmente haberá acordo, e en caso contrario “estamos preparados para afrontar a campaña porque levamos moito tempo traballando para afrontar este envite electoral. Aínda que, puntualizou que “o PP quedaría retratado senón acepta esta colación, algo que propoñían hai meses cun España Suma que agora parece que queda claro que non foi máis un titular ou un fake. Os nosos votantes poden estar tranquilos, Cs estará presente como proxecto de centro- liberal o próximo 5 de abril”.

Por último, Pino aproveitou para presentar a súa postulación ás primarias de Cs Galicia de fronte as autonómicas. “Preséntome a estas primarias con toda a responsabilidade que supoñerá, se saio elixida, representar a Cs Galicia nas próximas eleccións”.