Pino: “Queremos unha investigación independente para saber que ocorreu no accidente de Angrois”

A deputada de Cidadáns (Cs), Beatriz Pino, asiste en Santiago de Compostela á manifestación en recordo das vítimas do accidente do Alvia 04155 en Angrois e pide tanto a PP como a PSOE que “deixen de tapar o que ocorreu fai seis anos”.
Publicado por o día 24/07/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Pino: “Queremos unha investigación independente para saber que ocorreu no accidente de Angrois”

“Queremos unha investigación independente para saber que ocorreu no accidente de Angrois”. Así o asegurou esta mañá a deputada de Cidadáns (Cs), Beatriz Pino, na manifestación en recordo das vítimas do Alvia 04155 ocorrido fai seis anos en Angrois e que se saldou con 80 falecidos e 144 feridos.
 
“Desde Cs queremos estar hoxe aquí, como estamos todos os anos. O tema segue sen resolver e moitas familias seguen rotas pola dor”, subliñou a deputada da formación liberal.
 
Piñeiro lembrou que aínda non se fixo xustiza xa que segue sen haber unha resolución xudicial e asegurou que “é sanguenta ver como PP e PSOE tapan o que ocorreu. Hai que esixir responsabilidades”
 
Para finalizar, destacou que desde Cs “imos manter viva a voz ata que haxa unha resolución xudicial. Pedimos unha investigación independente para coñecer a verdade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.