Pino: “Se queremos cambiar as cousas hai que ir votar o domingo”

A candidata por Pontevedra, Beatriz Pino, anima a todos os cidadáns a ir votar o vindeiro domingo para poder “poñer a Pontevedra, Galicia e España en marcha”
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Pino: “Se queremos cambiar as cousas hai que ir votar o domingo”

“Se queremos cambiar as cousas hai que ir votar o domingo Estamos a 4 días do 10 N”. Así o asegurou este mércores a candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, na súa visita A Cañiza.

Para a candidata da formación liberal é moi importante que a xente vaia a votar, “hai que ser moi conscientes da importancia de ir votar o domingo”.

Pino insistiu na importancia que ten ir exercer o noso dereito a voto xa que “votando é como podemos cambiar as cousas e poñer España en marcha. Se non imos votar temos que ser conscientes de que van decidir outros por nós”. A candidata da formación liberal ha destacado que “Cs é un partido que ten un proxecto sólido e de futuro con horizonte para poñer a Pontevedra, Galicia e España en marcha.

Somos os únicos que podemos desbloquear e sacar ao país desta situación”.

Para finalizar, lembrou que o voto de Cs vale triplo: “ Frear os pés aos separatistas, reformas para España e dar estabilidade ao noso país”.