Pino: “Solidarizámonos cos traballadores de Vulcano e asumimos como propias as súas demandas”

A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, acompaña aos traballadores no inicio da marcha que iniciaron cara a Santiago de Compostela para esixir á Xunta de Galicia que busque unha alternativa ás máis de 70 familias afectadas.
Publicado por o día 02/10/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Pino: “Solidarizámonos cos traballadores de Vulcano e asumimos como propias as súas demandas”

“Solidarizámonos cos traballadores de Vulcano e asumimos como propias as súas demandas”, así o manifestou esta mañá a candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Pino, ao comezo da marcha que os traballadores do estaleiro vigués han iniciado cara a Santiago de Compostela para esixir á Xunta de Galicia que busque unha alternativa ás máis de 70 familias afectadas.

A candidata da formación liberal ha lembrado que o problema dos estaleiros de Galicia vén de atrás e que a Xunta de Galicia debe actuar. “Hai que reconverter o sector industrial do naval en Galicia”.
Cs fai propias as demandas dos traballadores e pide á Xunta de Galicia que busque solucións “ a un problema que afecta a 70 familias que levan 3 meses sen cobrar”.
Beatriz Pino comparte a idea dos traballadores de converter o estaleiro nun centro de reparación naval xa que hai que “asegurar eses postos de traballo”.

Os traballadores de Vulcano teñen previsto chegar a Santiago de Compostela este venres tras catro días camiñando desde Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.