Pintunova continuará esta tempada 2018/2019 apoiando ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia

Pintunova colaborará por segunda tempada consecutiva co club vigués.
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo

Pintunova continuará esta tempada 2018/2019 apoiando ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal – Coia renovaron o acordo de colaboración para o presente curso 2018/2019, no cal a empresa galega de pinturas seguirá sendo, por segundo ano consecutivo, patrocinadora da entidade.
 
Membros da Xunta Directiva (Ramón Román, vogal) e da Dirección Deportiva (Sergio González, Director Deportivo; e Pablo Alonso, Coordinador Deportivo) do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, visitaron as instalacións da nova tenda de Pintunova en Vigo, situada na Travesía de Vigo 185 baixo, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración.
 
Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino “A” do club, que compite actualmente na Liga 1ª División Cadete Masculina 2018/19, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.
 
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña.