Plan de Emprego Municipal de Recortes Cero

Publicado por o día 17/05/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Plan de Emprego Municipal de Recortes Cero

Que parta en primeiro lugar de crear empregos produtivos, e en segundo lugar de facer fronte ás necesidades sociais e mellóraa dos servizos públicos.

1.-Apoio desde o concello ás pymes e autónomos do municipio, base principal da creación de riqueza e emprego.

Plan de pagos urxente no caso das facturas responsabilidade do concello coas pymes e autónomos.

Congelación ou redución de impostos municipais para pymes e autónomos en dificultades.

Preferencia na contratación pública para pymes e autoónomos.

Garantía de crédito en condicións preferentes para pymes e autónomos vinculado á creación de emprego.

2.-Fomento do cooperativismo, como alternativa para empresas en dificultades ou para crear novas, onde os traballadores teñan capacidade de xestión e decisión.

3.-Plan municipal de emprego para atender ás necesidades sociais máis urxentes:

Rehabilitación de vivendas e construción de vivendas sociais. Dependencia, Reciclaxe, Infraestructuras, Enerxías renovables, No medio Ambiente e medio rural (defensa da horta tradicional, agricultura ecolóxica e modernización de explotacións agrícolas e gandeiras, etc)

4.-No marco da Mesa de Negociación Colectiva, negociar un plan de emprego e de formación no municipio con atención especial aos mozos, os parados de longa duración e os maiores de 50 anos.

Un plan de urxencia e solidariedade social contra os efectos da crise.

Segundo o último informe de Cáritas 54.000 persoas viven en Vigo por baixo do umbral da pobreza. O Instituto Galego de Estatística informa de que 32.000 familias viguesas non reciben ningún ingreso do traballo e subsisten grazas á prestación por desemprego ou as axudas públicas. É a segunda porcentaxe máis alto de toda Galicia, e incrementandose un 55% desde o 2.008.

É imprescindible un plan de urxencia e solidariedade social, que protexa ás familias que están sufrindo con maior intensidade os recortes.

-Contra a pobreza: garantir unha renda básica universal equivalente ao SMI para as familias sen ningún tipo de ingresos.

-Contra a pobreza energética: plan especial para garantir luz e auga en fogares sen recursos, prohibindo os cortes destes servizos básicos.

Estas dúas medidas esixirían un investimento público de 76 millóns de euros na próxima legislatura.

-Garantir os servizos públicos esenciais. Atención especial a garantir servizos básicos de calidade e de forma integral, reducindo os custos e as taxas para os cidadáns (auga, lixos, rúas, enerxía…. ) vinculando todo este campo á creación de emprego, e as condicións medio ambientais… Revisión de todas as concesións de servizos públicos esenciais a grandes monopolios. Remunicipalización dos mesmos si as condicións son onerosas para o concello ou os cidadáns.

-Paralización dos desahucios e posta en marcha dun parque público de alugueres sociais coas vivendas baleiras da banca rescatada.

Atendendo en primeiro lugar aos problemas máis básicos dos sectores empobrecidos pola crise. Nin un só desahucio máis no municipio. Renegociación das condicións hipotecarias con garantía municipal. Obrigar aos bancos a que executen a dación en pago.

Promover o acceso a unha vivenda en condicións de calidade e asequibles para a gran maioría da poboación.

Acabando coa especulación do chan urbano, municipalizandolo, polo menos o que controlan as grandes inmobiliarias, bancos e constructoras e facilitando terreos, reducindo impostos e permisos, mediando cos bancos..

Establecendo un censo de vivendas desocupadas e tomando medidas para poñelas ao servizo da poboación, con alugueres asequibles. Recuperando as vivendas municipais entregadas a fondos de investimento ou as que pertencen a bancos rescatados con diñeiro público, adquirindo a baixo prezo as que pertencen a SAREB.

Integrar o papel do concello cos mesmos cidadáns interesados nunha vivenda e as pequenas e medianas empresas da localidade vencelladas á construción e a creación de postos de traballo para os parados…

Esto esixiría un investimento municipal de 20 millóns de euros na próxima legislatura.

PRENSA RECORTES CERO