O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Semana Santa, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual.
O Programa desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril 2018, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nas seguintes parroquias:
Cesantes: Centro cultural de Cesantes, con 15 prazas.
Chapela: Multiúsos, con 15 prazas.
Negros: Asociación de veciños de Negros, con 15 prazas.
Redondela: Multiúsos, con 30 prazas.
Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas, con 15 prazas.
Ventosela: Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se pode descargar aquí na páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM):
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 12 de febreiro e remata o mércores 28 de febreiro. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 16 de marzo na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.
Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.