A Plataforma Antilindano da Louriña convoca a súa segunda asemblea para este venres

Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Plataforma Anti-lindano da Louriña,Social

A Plataforma Antilindano da Louriña convoca a súa segunda asemblea para este venres

A Plataforma Antilindano da Louriña convoca a súa segunda asemblea para este venres, 26 de xaneiro, ás 20.00 horas no local da Asociación VV. San Rosendo Alba. Darase conta ás persoas asistentes dos datos recomplidados ata o momento por parte da comisión xestora, tanto sobre a localización de verteduras de lindano como da xestión durante décadas deste grave problema de saúde e medioambiental. Valorarase a posta en marcha da descontaminación do Contrasto. Tamén se recollerán propostas e suxestión e decidiranse os próximos pasos a dar.

Facemos un chamamento tamén a todas as forzas políticas, grupos e colectivos e convidámolos a esta asemblea aberta para que fagan as súas achegas. Foron moito os anos de pasividade e chegou xa o tempo de traballar.