A Plataforma de Contratación do Estado publica a licitación do Servizo de Axuda no Fogar

Publicado por o día 22/10/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

A Plataforma de Contratación do Estado publica a licitación do Servizo de Axuda no Fogar

A Plataforma de Contratación do Estado, ao que está adscrita o Concello de Pontevedra para publicar as súas licitacións, recolle hoxe os pregos da licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por un valor de 5.290.740 euros. As empresas interesadas poderán presentar ofertas até o 1 de decembro.

Trátase do contrato xeral do SAF que o Concello saca por catro anos. Mentres se continúan dando pasos administrativos na licitación do SAF, o Concello de Pontevedra avanza na xestión do contrato ponte que xestionará o servizo até que o asuma a nova concesionaria. Cabe lembrar que o Concello non aceptou a extorsión da empresa Clece (concesionaria até onte), do pago duns 150.000 euros máis para continuar dando o servizo até que non se resolva a licitación.