A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas apoia a manifestacion deste sábado 3 de setembro

As mesmas razóns que fai un ano
Por o 31/08/2016 | Sección: Cangas,Galicia,Protestas,Sanidad,Vigo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas apoia a manifestacion deste sábado 3 de setembro

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas apoia a manifestación deste mesmo sábado 3 de setembro convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública baixo o lema “3 de setembro, día de loita pola sanidade pública” en recordo dunha das máis grandes manifestacións que percorreron as rúas de Vigo na defensa da sanidade pública.

O 3 de setembro do ano pasado levouse a cabo o traslado dos últimos pacientes do Xeral ao Álvaro Cunqueiro, foi polo tanto a data do peche do Hospital Xeral.

Todos recordamos a torpeza da anterior Conselleira de Sanidade que xunto ás imprudencias do actual Xerente o Sr. Felíx Ruibal deron lugar a unha enorme frustación tanto no persoal sanitario como nos usuarios/as. Foi as súas irresponsabilidades no proceso do traslado as que orixinaron unha das maiores crises sanitarias coñecidas en Vigo, nunca tanta indignación e frustación social xuntouse na rúa como ese día para protagonizar a maior participación cidadá que se recorda nas rúas de Vigo na defensa da Sanidade Pública.

Fai un ano polo tanto que centos de homes e mulleres do Morrazo acudimos a Vigo a xuntarnos coas milleiras de persoas do resto da área sanitaria, Vigo foi un clamor social de rechazo á privatización da sanidade pública do Partido Popular.

O Álvaro Cunqueiro escandalosamente desviado do seu proxecto inicial de modelo de financiación pública hacia un modelo de Concesión Administrativa de Obra Pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) inagurado con seiscentas camas menos das previstas, así como a redución de quirófanos e servizos, botou por terra as ilusións de veciños/as do Morrazo que esperanzados e ilusionados esperábamos o remate final dos escandalosos concertos entre o Sergas e o hospital privado Povisa S.A.

Este ano voltamos de novo á rúa cas mesmas razóns de fai un ano, o rechazo ás políticas privatizadoras do PartidoPopular, pero agora acudimos con máis ilusión e máis esperanza. Estamos a esperar dentro duns días o fallo da Unión Europea respeto o modelo de finanzamento do Álvaro Cunqueiro, todos esperemos que sexa favorable aos plantexamentos de SOS Sanidade Pública xa que dito fallo acercaríanos hacia o posible rescate o hospital Álvaro Cunqueiro para a Sanidade Pública.

No Morrazo temos que continuar loitando por:

  • O CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN DO MORRAZO
  • CENTRO DE SAÚDE ÁLDAN O HÍO
  • CENTRO DE SAÚDE PARA MOAÑA

ACUDE PARTICIPA O DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 12 DA MAÑAN NO ENTORNO DO HOSPITAL XERAL