Plataforma Galega das Marchas da Dignidade convoca ROLDA DE PRENSA na Rotonda de Coia

Publicado por o día 14/01/2015 na sección de SF Intersindical,Sindicatos

Plataforma Galega das Marchas da Dignidade convoca ROLDA DE PRENSA na Rotonda de Coia

Neste acto daremos conta do APOIO INCONDICIONAL DAS MARCHAS DA DIGNIDAD, aos tres veciños encausados, e a todas as persoas identificadas, que foron tomadas como reténs pola policía municipal a instancias do alcalde de Vigo e acusadas de atentado a autoridade por participar nunha movilización veciñal contra a decisión de Abel Caballero, de instalar na rotonda de Coia un barco que a veciñanza non quere, entre outras cousas, polo derroche que supón, dadas as circunstancias precarias que atravesan moitas e moitos veciños do barrio e da propia cidade de Vigo, e a falta de axudas por parte de concello.

Ca presenza de compañeiros e compañeiras de distintas organizacións das Marchas da Dignidade_22M de todo o estado español daremos conta tamén do ACTO PÚBLICO, que tera lugar no salón de Plenos do Concello de Cangas do Morrazo, o mesmo venres día 16, ás 19.30 horas, no que tamén interviran distintos responsables das Marchas da Dignidade_22M a nivel estatal. Serán poñentes o escritor e poeta galego Pepe Álvarez Cáccamo, o secretario xeral da IAC de Catalunya, Lluís Blanco, a portavoz de Red Roja, Nines Maestro, Javier García do SAT, o secretario xeral do Sindicato Ferroviario pola Confederación Intersindical Rafael Gonzalez Escudero, Ginés Fernandez da Fronte Cívica SM, J.M. Políz secretario xeral confederal da CGT e Manolo Camaño, secretario xeral da CUT.

Este acto será o prólogo da xornada de traballo de coordinación que en horario de mañan e tarde manterán o sábado 17 no mesmo salon de Plenos do Concello máis de 60 organizacións e plataformas territoriais das Marchas da Dignidade _22M a nivel Estatal para definir e desenvolver o calendario de movilizacions xa acordado para 2015 e que desenvocará nunha folga xeral laboral, social e de consumo o 22 de outubro.

Daremos conta tamén da Querela criminal que as Marchas da Dignidade_22M vamos a presentar, de xeito inmediato, contra o Ministerio do Interior e todos os órganos e individuos subalternos dependentes do gobernó do PP, polos feitos acontecidos en Madrid ó remate da manifestación das Marchas da Dignidade o 22 de marzo de 2014, no que particularmente pretenderon criminalizar as galegas e os galegos que pacificamente asistimos e participamos daquela grande mobilización.

PRENSA SF INTERSINDICAL