A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo

“A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación”
Por o 06/03/2017 | Sección: Educación,Vigo
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación”, explica o seu portavoz Anxo Louzao.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que unha vez máis é necesario que nos mobilicemos en defensa do ensino público galego, reclamando a derrogación plena da LOMCE e unha lei galega de educación ante a posibilidade de que se elabore un pacto entre as forzas políticas estatais que prexudique gravemente a situación do noso ensino. Este pacto mantería os principios fundamentais da LOMCE e o que é peor, blindaríaos para os vindeiros anos.

Ante o éxito da xornada de folga do 16 de febreiro temos que volver saír á rúa desde unha óptica centrada no país e na súa realidade educativa. En Galiza non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado, e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada. Por iso é fundamental que a xornada de folga do día 9 sexa todo un éxito.

No entanto, considerando que a derrogación da LOMCE é imprescindíbel a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar folga para o día 9 de marzo en todos os niveis educativos do ensino de Galiza, mantendo as nosas reivindicacións e accións propias que dan continuidade ás que xa vimos realizando, concretadas en manifestacións en diferentes localidades ás 11.30 horas.

  • A Coruña: Praza de Vigo
  • Ferrol: Praza de España
  • Lugo: Praza da Horta do Seminario
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • Santiago: Alameda
  • Ribeira: Diante do IES Nº1
  • Vigo Praza América