A plataforma Galiza con Catalunya convoca concentracións polo país para pedir a liberdade do Govern Catalá

Fai unha convocatoria urxente de concentracións para esta mesma tarde contra a represión
Publicado por o día 02/11/2017 na sección de Eventos,Galicia,Protestas

A plataforma Galiza con Catalunya convoca concentracións polo país para pedir a liberdade do Govern Catalá

A plataforma Galiza con Catalunya -constituída desde hai meses, en apoio ao proceso democrático iniciado en Catalunya, por organizacións sociais, culturais, políticas e sindicais galegas- anunciou esta tarde concentracións baixo o lema “Democracia e Liberdade”, despois da prisión provisional para o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras e os exconsejeros Jordi Turull, Raúl Romeva, Josep Rull, Dolors Bassa, Meritxell Borrás, Joaquim Forn e Carles Mundó por parte da xuíz da Audiencia Nacional Carmen Lamela.

Ademais destes encarceramentos a petición da Fiscalía de lanzar unha orde europea de detención contra o ex President da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, e os outros catro consellers que aínda seguen en Bélxica. Antoni Comín, Meritxell Serret, Lluis Puig e Clara Ponsetí.

Coa aplicación do 155, o Goberno español endurece a súa aposta polo autoritarismo e a represión, destituíndo o lexítimo Goberno catalán, intervindo o Parlament, tomando o control dos Mossos e arrogándose o control financeiro da Generalitat, diante da gravidade da situación e dos encarceramentos que se produciron esta tarde noite pasda, lanzan unha convocatoria urxente de concentracións que terán lugar nas sete cidades esta mesma tarde.

Vigo: 20:00h na Farola de Urzáiz

Ferrol: 20:00h Na praza Amada García Diante do edificio da Xunta

Lugo: 20:00h diante da Subdelegación do Goberno

A Coruña: 20:00h Diante da Subdelegación do Goberno

Compostela: 20:o0h Na Praza do Toural

Ourense: 20:00h Diante da Subdelegación do Goberno.

Pontevedra: 20:00 h Praza da Peregrina

“Esixen ao Estado Español que cese no seu empeño por calar a voz de quen unicamente quere expresarse en liberdade e exercer o seu dereito a decidir dramáticamente!”.