A Plataforma Ríos Limpos convoca un acto na defensa das nosas árbores

Por o 16/03/2016 | Sección: Amigos da Terra,Social,Vigo
A Plataforma Ríos Limpos convoca un acto na defensa das nosas árbores

“Se perdemos as árbores perdémolo todo” Acto de desagravio na defensa das árbores “Inimigos das árbores, inimigos da vida”

Dadas as continuas agresións ao patrimonio arbóreo realizadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a desleixo do Concello de Ourense. A “Plataforma Ríos Limpos” convoca a un acto de desagravio e de defensa das nosas árbores.

DIA: Xoves 17 de marzo
HORA: 19:30 HORAS
PUNTO DE ENCONTRO: Seixalbo OU105 – Túnel – cruce dirección colexio Público de Seixalbo (frente a subida a capela da Santa Agueda).

Acto central no Parque da Infesta ás 20:00 con plantación de árbores e lectura de manifesto “Na defensa das árbores, na defensa da vida” “Se perdemos as árbores perdémolo todo”.
O motivo da convocatoria débese a que as institucións públicas (Xunta de Galicia e Concello de Ourense) non deben nin poden seguir atentando contra o patrimonio arbóreo, que a corta polo pé e as mutilacións de árbores centenarias ademais de inxustificadas son incomprensibles, que as árbores taladas e mutiladas formaban parte da paisaxe e do noso patrimonio nunha cidade que se da en chamar “Cidade Termal”, que as árbores axudan a mitigar o cambio climático, son símbolo da vida, son indispensables para a saúde das persoas e do planeta…