A Plataforma SOS MEIXOEIRO fai un chamamento á cidadanía de Vigo e a súa bisbarra

Unha romaría entre Meixoeiro e Beade-Valadares en defensa da Sanidade Pública
Publicado por o día 01/08/2016 na sección de Plataforma SOS Meixoeiro,Protestas,Sanidad,Vigo

A Plataforma SOS MEIXOEIRO fai un chamamento á cidadanía de Vigo e a súa bisbarra

Unha vez máis a Plataforma SOS MEIXOEIRO vén organizar unha nova iniciativa para defender a sanidade pública, despois de sentadas, apertas sanitarias e peches agora organiza unha iniciativa, unha iniciativa que espera unir á cidadanía, profesionais e pacientes.

Esta unión é para a defensa dun dereito que todos e todas temos por lei, que é o dereito a unha sanidade publica e de calidade.

Esta nova iniciativa co nome “ROMARIA SANITARIA DO CHUVI”. Esta romaría discorrerá entre os dous hospitais, o Hospital Meixoeiro e o Hospital Álvaro Cunqueiro.

O punto de partida será desde a porta principal do Meixoeiro, ás sete da tarde do venres día 5 de agosto. O percorrido entre os dous hospitais será suave, con paradas polo medio do traxecto, apto para todos os públicos, contra coa presenza dun coche escoba para o ou a que lle fixese falta.

O destino será o Hospital Álvaro Cunqueiro, no cal se fará un percorrido pola súa contorna. Facendo unha concentración diante da porta de urxencias, sen ocasionar ningún prexuízo aos pacientes que se atopen no seu interior. Contan con facerse eco da súa reivindicación, e desde aquí desde Noticias Vigo xa nos facemos eco desta xornada protesta como noutras, a Plataforma SOS MEIXOEIRO fai un chamamento á cidadanía para realizar esta protesta.

Unha vez finalizado o acto celebrasen o final da romaría como se merece, ben regada e ben comida. Cun ágape no que intercambiasen e estreitasen os lazos que lles unen estas nobres causas que levan desenvolvendo desde un tempo ata agora co fin de defender A SANIDADE PÚBLICA.

Este redactor chamado Rubens Rocha quere agradecer polo trato recibido pola Plataforma que saben que poden contar conmigo por e para semrpe no que faga falta e Noticias Vigo sempre a súa disposición estará.

Cartaz da ROMERIA SANITARIA DO CHUVI

ilcanallarubens_cartaz romeria meixoeiro_2016_VigoZ