A Plataforma SOS Meixoeiro irrompeu na Praza do Obradoiro no día da Patria Galega no acto do goberno da Xunta de Galicia

SOS Meixoeiro volveu a rúa pero desta vez na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela diante da cúpula do Partido Popular
Por o 26/07/2016 | Sección: Plataforma SOS Meixoeiro,Protestas,Sanidad,Vigo
A Plataforma SOS Meixoeiro irrompeu na Praza do Obradoiro no día da Patria Galega no acto do goberno da Xunta de Galicia

A plataforma SOS Meixoeiro acudiu no día de onte a Santiago de Compostela, aproveitando o día da patria galega, fixéronse visibles na praza do Obradoiro fronte á catedral de Santiago de Compostela ante a presenza de toda a cúpula do política do Partido Popular de Galicia que estaba a conmemorar o día de Galicia para eles.

Foron prudentes e pacíficos, xa que a zona levaba desde o sábado baixo un estrito control de seguridade e máis no día de onte, a plataforma a declaracións a este medio tiñan constancia de que non terían posibilidade de entrar con pancartas á Praza do Obradoiro pola mencionada seguridade que había nela. Con todo tiveron a astucia de coalas dentro da praza ingeniándoselas usando paus de escoba a modo de bastóns de pelegrinos e nas mochilas sabas de papel coñecidas realmente como mantas térmicas de invernadoiro.

Unha vez na praza, e ante a inminente saída das autoridades políticas do Partido Popular despregaron as sabas onde tiñan unhas mensaxes en formas de faixas que ataron nos bastóns de pelegrinos e empezaron a corear consígnalas que tan populares son pola cidade de Vigo como “Sanidade pública” “Vida para o Meixoeiro, rescate para o Cunqueiro” “Non non a privatización”… mentres isto ocorría na praza había un equipo da Televisión Publica Galega, TVG, no medio do seu directo conseguiron facerse máis visibles aínda poñéndose diante das cámaras.

O escrache pacifico ás autoridades políticas do Partido Popular foi un éxito así declaran desde a Plataforma en voz da súa vicepresidenta Anusca García.

A plataforma agardaron pacientemente ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a paciencia foi recompensada con fartura xa que volveron corear consígnalas apenas 5 metros del, ata que as forzas do estado interpuxéronse diante da plataforma cortando o seu paso.

Desde a Plataforma SOS Meixoeiro seguirán adiante vivos mentres sigan os recortes e as privatizacións na sanidade viguesa, así o manifestan a este medio.

Tamén manifestan que esperan o apoio de todos os que senten agredidos polas políticas austeras, privatizadoras e recortadoras do PPdG.

Hoxe a plataforma sente orgullosa de estar a conseguir os seus obxectivos marcados xa que nunca pensaron estar por encima das expectativas que están a desenvolver.

Fotografías da mobilización da plataforma SOS Meixoeiro

ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_00_2016_Compostela ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_01_2016_Compostela ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_02_2016_Compostela ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_03_2016_Compostela ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_04_2016_Compostela ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_05_2016_Compostela