A plataforma SOS Meixoeiro únese á concentracion que mañá tera lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro

A concentración sera ás 18h diante da porta do servizo de urxencias
Publicado por o día 22/01/2017 na sección de Plataforma SOS Meixoeiro,Protestas,Sanidad,Social,Vigo

A plataforma SOS Meixoeiro únese á concentracion que mañá tera lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro

Dende SOS Meixoeiro veñen facer un comunicado que este medio recolle para que todos os seus compañeiros e compañeiras, as persoas usuarias e as persoas que lles seguen nas redes sociais se animen a participar e secundar a concentración que tera lugar mañá na porta do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro ás 18h.

A plataforma sociosanitaria vai apoiar dita concentración que convoca a Comisión de Centro do CHUVI. Esta xornada protesta queren facer fincapé na problemática que están a sufrir os profesionais e usuarios non servizo de urxencias deste centro.

Os profesionais do complexo hospitalario son testemuñas de comon vai pasando o tempo e non se dá solución á área do servizo de urxencias e vendose saturados na carga de traballo salientando a falta de persoal que ten dito servizo.

Desde a SOS Meixoeiro din que se non se toma algunha medida ao respecto sera un problema perpetuo o cal a dirección non soubo remediar facendo unha mala xestión da infraestrutura.

Mentres tanto o que vén observando que o servizo de urxencias do novo complexo hospitalario pon claramente en dúbida a capacidade de xestión que esta a facer a actual dirección do centro.

SOS Meixoeiro espera que a concentración sexa un exito pero para iso suceda esperan contar con toda a cidadanía a principal afectada da mala xestión do servizo, non é a gripe son os recortes.