A Plataforma SOS-Sanidade Pública de Compostela vai denunciar hoxe os responsables do SERGAS pola mala calidade das agullas de insulina

Nos xulgados de Fontiñas ás 13h
Por o 07/09/2016 | Sección: Sanidad,Santiago,Vigo
A Plataforma SOS-Sanidade Pública de Compostela vai denunciar hoxe os responsables do SERGAS pola mala calidade das agullas de insulina

A Plataforma SOS-Sanidade Pública de Compostela vai denunciar hoxe mércores, 7 de setembro, nos xulgados de Fontiñas, ás 13 h. os responsables o as responsables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, pola mala calidade das agullas usadas para a inxeccións de insulina, por parte dos pacientes e das pacientes diabéticas.

Desde a Plataforma van adxuntar á denuncia as Radiografías dunha paciente con 5 agullas no seu abdomen, así como as denuncias dos doentes e das doentes, feitas ante a Consellería de Sanidade, ante a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e ante a Valedora do Pobo.

Esperamos a vosa presencia para darlle visibilidade a un tema que consideramos da máxima importancia, engaden desde a plataforma.