A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe a retirada do Ante-Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008

Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Sanidad

A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe a retirada do Ante-Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008

A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe a retirada do Ante-Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008 por que pretende o desmantelamento e a consolidación da privatización do Sistema Sanitario Público Galego.

E non conforme con iso engaden que desmantela as áreas sanitarias, para vaciar de contido os Hospitais Comarcais, coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios, nos grandes hospitais. Esta medida, supón unha barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria, especialmente á poboación rural e máis envellecida.

Reduce a posibilidade de participación social na planificación, control e avaliación da actividade do sistema sanitario e dos centros asistenciais.

Manifestan que manteneran as Estruturas de Xestión Integrada nas áreas sanitarias (EOXIS) responsables do deterioro e marxinación da Atención Primaria, absorbida polas xerencias hospitalarias: hospitalcentrismo.

En difinitiva legaliza de xeito definitivo, a privatización do SERGAS, consolidando a entrada do capital multinacional e das farmacéuticas, na xestión, docencia e investigación do sistema sanitario, sufragado con fondos públicos.

Favorece a laboralización e precarización do persoal sanitario, así como o enchufismo na adxudicación dás prazas denuncian desde a plataforma sociosanitaria SOS Sanidade Pública. 

Apoian

As mobilizacións convocadas polas Xuntas de Persoal dás áreas sanitarias afectadas, que contan ca colaboración das organizacións sociais, sindicais, profesionais e representantes institucionais de ditas áreas. Estas actuacións concluirán nunha convocatoria de mobilización conxunta de toda Galicia, en rexeitamento destas medidas.

Para todo isto, consideran fundamental a consolidación da alianza social e sanitaria, representada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.