A Plataforma de Terapeutas Vigo vai realizar unha xornada informativa

A Plataforma de Terapeutas Vigo vai realizar o próximo sábado dia 17 de setembro de 2016 unha xornada informativa
Por o 15/09/2016 | Sección: Sanidad
A Plataforma de Terapeutas Vigo vai realizar unha xornada informativa

A Plataforma de Terapeutas Vigo vai realizar o próximo sábado dia 17 de setembro de 2016 unha xornada informativa para a poboación  en relación ás vías de acceso ás terapias desenvolvidas por fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais dentro da Sanidade Pública, dereitos que lles asisten e reclamacións que poden presentar para exercitar ditos dereitos.

Estas mesas informativas estableceranse en dous puntos da cidade de Vigo e nun punto do Porriño:

  • En Vigo:
  • No Calvario, enfronte ao mercado.
  • Na Praza de América
  • No Porriño:
  • Nas proximidades ao Concello.
  • O horario de atención será de 10: 30 as 13:00.

Nestas mesas informativas haberá profesionais da Sanidade Pública destas tres categorías atendendo ás dúbidas que poidan xurdir por parte dos veciños.

Queren facer constar ademais que, no caso dos Concellos de Porriño e Mos, son os dous únicos concellos da área sur de Pontevedra que non contan con fisioterapeuta público asignado ós seus respectivos centros de saúde. Como consecuencia disto, cando os doentes precisan realizar un tratamento de fisioterapia, deben acudir ou ó Hospital Meixoeiro ou ós centros concertados co SERGAS situados na cidade de Vigo, correndo cos gastos económicos e as molestias que isto provoca.

A Administración debe corrixir este agravio comparativo con outros Concellos da Área e a poboación poida ser atendida dun xeito máis eficiente e ocasionándolle os menores inconvenientes, engaden desde a plataforma.