O plenario de En Marea aproba a ponencia política principal incorporando a emenda á totalidade

As voceiras da coordinadora valoran positivamente o desenvolvimento da convocatoria.
Publicado por o día 15/07/2017 na sección de En Marea,Política

O plenario de En Marea aproba a ponencia política principal incorporando a emenda á totalidade

Arredor de 500 inscritos están participando no plenario de En Marea que celebrou ata agora a súa primeira parte e que abordou nos debates da mañá as cuestión regulamentarias propias do plenario, do consello e da coordinadora, ademais da dación de contas correspondente ao grupo do Parlamento de Galicia. Tamén se abordaron os debates de carácter político, desde a ponencia principal ata a maternidade subrogada.

No debate político, a ponencia política principal do plenario, En Marea como alternativa política das maiorías sociais de Galicia, foi aprobado con 255 votos a favor, por 194 en contra e 11 abstanción. O documento definitivo incorpora o texto completo da emenda á totalidade presentada e unha boa parte das emendas parciais debatidas no plenario.

Ao longo da mañá o Grupo Parlamentario do Parlamento Galego e o Consello das Mareas renderon contas das súas actividades desde o anterior plenario ante as inscritas. Tanto o grupo parlamentario como o Consello das Mareas explicaron as actividades realizadas, por unha banda a actividade parlamentaria e, polo outro, a traballo de desenvolvemento das actividades do consello.

Trala primeira metade do plenario, as voceiras da coordinadora, valoraron moi positivamente o desenvolvimento do mesmo. Victoria Esteban, Ana Seijas e Luís Villares explicaron que o plenario era unha demostración de como afronta En Marea os debates políticos, Villares apuntou que se hai “unha ganadora é a cidadanía galega”.

Votacións e resultados

Ponencia: EM como alternativa política, documento completo coas emendas incorporadas:
Fav: 255 Contra:194 Abst: 11

Emenda á totalidade do documento EM como alternativa política:
Fav: 215 Cont: 253
————–
Rendición de contas do GP de En Marea no Parlamento Galego:
Fav: 261 Contra: 51 Abstencións: 50

Rendición de contas do Consello das Mareas:
Fav: 243 Contra: 162 Abstencións: 20
—————-
Regulamento do plenario:
Fav: 241 Contra: 185

Emenda á totalidade do regulamento:
Fav: 205 Contra: 237
———
Documento de maternidade subrogada:
Fav: 201 Contra:22 Abstencións: 4