O Pleno designa aos representantes do Concello na Asemblea da Área Metropolitana

Na sesión deste martes quedou nomeada a representación municipal na Asemblea metropolitana
Publicado por o día 13/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Pleno designa aos representantes do Concello na Asemblea da Área Metropolitana

Na sesión deste martes quedou nomeada a representación municipal na Asemblea metropolitana: dezaseis membros do grupo socialista, seis do grupo popular e dous de Marea de Vigo. O alcalde sinalou a importancia deste Pleno ao ser un “paso imprescindible” para a posta en marcha do ente supramunicipal.

A Corporación designou este martes aos concelleiros e concelleiras que formarán parte da Asemblea da Área Metropolitana de Vigo en representación do Concello. En función da representación proporcional, foron nomeados dezaseis membros do grupo socialista, seis membros do grupo popular e dous de Marea de Vigo.

O rexedor amosouse satisfeito coa decisión dos asemblearios e cualificou a sesión como de “grande importancia” xa que agora que Vigo encabeza a Área Metropolitana “estamos nun momento importantísimo” e esta designación, dixo, “é un paso imprescindible” para a súa constitución, para a posterior posta en marcha e o seu funcionamento.