O Pleno insta 谩 Xunta a garantir as condici贸ns das obras do CEIP Castelao

A moci贸n socialista, que foi aprobada cos votos favorables de Marea de Vigo, defende que se modifique o proxecto de obras de forma “madurada e consensuada” para evitar arranxos posteriores.
Publicado por o d铆a 27/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Pleno insta 谩 Xunta a garantir as condici贸ns das obras do CEIP Castelao

A Corporaci贸n deu luz verde 谩 moci贸n na que o grupo municipal socialista insta 谩 Xunta de Galicia a levar a cabo as modificaci贸ns necesarias para garantir unhas obras en condici贸ns no CEIP Alfonso R. Castelao, tendo en consideraci贸n as numerosas deficiencias denunciadas e contribu铆r as铆 a ofrecer unha educaci贸n de calidade.

A edil de Educaci贸n, Olga Alonso, criticou que a Conseller铆a de Educaci贸n non escoite 谩 comunidade educativa en cuesti贸ns deste tipo cando as familias te帽en manifestado, dixo, a trav茅s da Anpa e referendadas por FOANPAS, que debe facerse unha ampliaci贸n “madurada e consensuada para evitar que se te帽an que facer arranxos posteriores”. As铆, expuxo que tras a revisi贸n da documentaci贸n, o centro atopou “numerosas e importantes deficiencias que c贸mpre corrixir” e que afectan a cuesti贸ns como a inexistencia de zonas cubertas axeitadas, espazos insuficientes, biblioteca e ximnasio reducidos ou un sistema de calefacci贸n incompleto.

Xos茅 Lois J谩come, de Marea de Vigo, amosou o acordo do seu grupo coa proposta socialista mentres a edil popular, Teresa Egerique, defendeu que o proxecto de obra se realizou con criterios t茅cnicos e non pol铆ticos.