Plenus de Cabral do Grupo Cuevas implanta unha tecnoloxía de frío pioneira

Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Plenus de Cabral do Grupo Cuevas implanta unha tecnoloxía de frío pioneira

Grupo Cuevas comezou a dotar aos seus comercios dun sistema de refrixeración reservado ata o de agora ás grandes superficies. Por primeira vez a nivel nacional, e tamén mundial, un supermercado de alimentación utiliza unha central frigorífica “Booster de CO2”, equipada cun eyector de líquido Danfoss, que minimiza o consumo enerxético e consegue os maiores niveis de eficiencia a calquera temperatura.
 
Deste xeito, o centro da cadea galega ” Plenus”, que reabriu en Cabral (Vigo) o pasado 19 de setembro tras unha completa remodelación, converteuse no primeiro en distribución alimentaria en dispoñer desta avanzada tecnoloxía.
 
Con este investimento, convértense no gran referente ecoeficiente do sector, defendendo o medio ambiente e a mellora enerxética como os seus alicerces estratéxicos co obxectivo de facer máis confortable a experiencia de compra dos clientes.
 
O uso do dióxido de carbono como fluído refrixerante ten un nulo impacto sobre a capa de ozono, a diferenza dos gases halogenados ou fluorados, polo que resulta a solución máis ecolóxica.