PODEMOS apoiou con máis de 20.000 Euros dos salarios dos seus deputados a sete colectivos sociais galegos en 2017

Por o 26/01/2018 | Sección: Podemos,Política
PODEMOS apoiou con máis de 20.000 Euros dos salarios dos seus deputados a sete colectivos sociais galegos en 2017
Compartir en:

Durante 2017, Podemos apoiou a través dos programas “Hacemos” e “Impulsa” a sete colectivos sociáis galegos. Os programas fináncianse coas doazóns dos deputados do partido.

O programa “Hacemos” pretende impulsar proxectos desenvolvidos polos Círculos e promovidos polos Consellos Cidadáns Municipais de Podemos que teñan como fin transformar a contorna máis próxima (barrio, distrito ou municipio) e fomentar a cultura política. Así mesmo, búscase fomentar a mobilización e a creación de ambientes construtivos, nun contexto local, onde se reúnan as veciñas e os veciños para detectar os problemas dos seus territorios e achegar solucións de forma colectiva. Un total de 4 proxectos foron os destinatarios desta axuda en Galicia. A dotación económica é de ata 3.000 € por proxecto, o total ascende a 12.000€. Estes foron os proxectos beneficiarios:

Compartindo Espazo (Lugo)

O proxecto “ Compartindo Espazo” presentado pola Asociación Compartindo Espazo resultou gañador na categoría “Facemos” na Comunidade Autónoma de Galicia , dotado cun apoio económico de 2912 € (dous mil novecentos doce euros). Este proxecto propón crear un espazo para o desenvolvemento de actividades culturais e sociais e dotar a quen non dispoñan de medios propios dun lugar para levar a cabo as súas actividades. Abrirase en Lugo un local social no que desenvolver propostas culturais, políticas… e mediante a colaboración entre diferentes grupos, fortalecer o tecido social e fomentar políticas colaborativas

Caixa virtual de crédito mutuo e solidario territorio: (comarcal)

Co obxectivo do estado o proxecto “caixa virtual de crédito mutuo e solidario” presentado por *árbore, cooperativa de consumo responsable, resultou gañador na categoría “Facemos” na Comunidade Autónoma de Galicia, dotado cun apoio económico de 3000 € (tres mil euros). Sistema de xestión dunha comunidade de persoas e entidades que compartan un mercado social (intercambio de bens e servizos) que exclúa, no posible, a utilización de “diñeiro oficial”, creando un fondo de solidariedade en base ao crédito mutuo. Obteremos unha cooperativa de crédito solidaria, integrada por socias que ofrecen crédito (sen desembolso).

Planta a túa propia medicina territorio (Ribeira Sacra)

“planta a túa propia medicina” presentado pola asociación Desenvolvemento e Analise Ribeira Sacra A.D.A.R resultou gañador na categoría “Hacemos” na comunidade autónoma de Galicia, dotado cun apoio económico de 2996,98 € (dous mil novecentos noventa e seis euros con noventa e oito centimos). Planta a túa propia medicina. unha pequena guía con algunhas plantas medicinais que podemos plantar no clima da Ribeira Sacra e Ourense en xeral. O proxecto “planta a túa propia medicina” comeza cunha pequena guía que dará paso a uns meses de aprendizaxe e goce dos beneficios da natureza en compañía de voluntarios dos círculos de Ourense e especialistas en todo o relacionado co desenvolvemento de plantas sas. A guía poderá ser impresa ou estar dispoñible unicamente online, e será unha forma de abrirnos a novas persoas da nosa contorna aos que non lles chegamos con outros temas. No mundo rural, obter beneficios das plantas é moi importante; na vida, o empoderamento persoal fronte aos monopolios farmacéuticos, é tremendamente útil. Durante varios meses celebraremos talleres e reunións con motivo de aprender e mellorar a nosa vida e a dos nosos veciños. Esperamos que entendan que, do mesmo xeito que os nosos voluntarios e a nosa información, a esencia de Podemos é que a xente se reúna e dialogue, que exista un tecido social que poida crer na solidariedade e compañeirismo.

Desenvolvemento do pensamento a tráves da expresión artistica (Vigo)

O proxecto “Desenvolvo do pensamento a tráves da expresión artística” presentado por Asociación Teatral Vagalume Colectivo de aventuras teatrais resultou gañador na categoría “Facemos” na Comunidade Autónoma de Galicia, dotado cun apoio económico de 2905 € (dous mil novecentos cinco euros). Segundo as súas propias palabras este proxecto nace co propósito de que mediante da análise grupal de textos e improvisación teatral e tras acción-escoita- acordar a síntese transferíndoa á nosa realidade socio-política, mulleres e membros do barrio accederán á cultura de raíz galega como universal. Enraizados na súa contorna ou poidan crear un pensamento crítico que transforme o seu barrio- ciudade-política nacional.

ASOCIACIÓNS BENEFICIARIAS DO PROGRAMA “IMPULSA”

Para esta categoría destinou un total de 8.000€ en Galicia. O Consello Cidadán Autonómico outorga os premios desta categoría — como forma de recoñecemento ao seu traballo— ás distintas asociacións, fundacións, colectivos, plataformas ou movementos cidadáns que actúen en favor de causas sociais. Seguindo estes criterios, as dotacións de «Impulsa» en Galicia concedéronse ás seguintes Asociacións:

SOS SANIDADE

O movemento cívico pola defensa do dereito a unha sanidade pública de calidade “SOS Sanidade Pública”, impulsado pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, é na actualidade o proxecto máis potente de oposición ao desmantelamento do público que a política neoliberal do PP en Galicia estivo levando a cabo. Axuntando o esforzo do activismo social neste tema, SOS Sanidade convocou manifestacións ás que acudiron centos de miles de persoas obtendo moita repercusión en todo o país. A nivel institucional, SOS Sanidade solicitou e obtivo o apoio do Pleno de varios Concellos que levantaron unha Iniciativa Lexislativa Popular coa finalidade firme e clara de deter a polìtica de recortes e privatización da Sanidade Pública e garantir así o dereito constitucional á protección da saúde da cidadanía galega. As reivindicacións básicas do movemento son: – Manter a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade, como responsabilidade ineludible dun goberno social e democrático. – Manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galicia. – Mellorar a capacidade resolutiva en atención primaria dotándoa do persoal e medios tecnolóxicos suficientes, cunha cobertura equilibrada en todo o territorio galego e para toda a poboación. -Mellorar a xestión sanitaria mantendo as actuais áreas sanitarias como espazos para a planificación e xestión unitaria dos recursos sanitarios que garanta a equidade. Concédeselle unha dotación de 2650€ para a súa caixa de resistencia.

REDE GALEGA DE ATENCION ÁS PERSOAS REFUXIADAS

A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas é un espazo construído desde diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais co obxectivo de denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da UE. O seu campo de acción comeza na denuncia política inmediata, na esixencia de medidas a curto prazo que permitan o paso seguro das persoas refuxiadas nas fronteiras e, por suposto, da derrogación do pacto de expulsión masiva con Turquía. Continúa co traballo de debate social, apelando a todos a demostrar a solidariedade da que carece quen goberna, e alcanza o necesario enfoque global que cuestiona o conxunto da política migratoria da UE e reclama o final dos conflitos bélicos que levan por diante os dereitos das persoas que só queren ter unha vida en paz. Concédeselle unha dotación de 2650€ como axuda aos seus próximos proxectos.

PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO

A Protectora de animais do Morrazo é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1993 coa finalidade primordial da defensa e protección dos animais mediante a recollida de cans abandonados, a dignificación da súa imaxe, promover a súa defensa mediante campañas de concienciación, divulgación, e a xestión de refuxio. É unha asociación comarcal que, a través da denuncia pública de situacións de malos tratos ou incivismo, a colaboración con outras asociacións de todo tipo para recadar fondos (e visibilizar as situacións de abandono), a promoción de charlas educativas para escolares, camiñadas solidarias, un proxecto de paseo dos cans que aínda viven no refuxio e moitas outras actividades para todo rango de idade, conseguen mobilizar á sociedade e cada vez chegan a máis conciencias. Así mesmo, promoven a loita contra as situacións de malos tratos a nivel institucional a través de escritos e reunións cos cargos públicos para achegar e poder avanzar nunha lexislación que realmente sexa eficaz e respectuosa coa vida dos animais. A asociación realiza todas estas labores de reivindicación e concienciación con escasos recursos e cunhas instalacións en estado moi deficitario. Concédeselle unha dotación de 2650€ para axuda no seu traballo diario.