Podemos Compostela comprométese a impulsar o cambio político en Galicia

O Círculo da capital galega acordou impulsar o traballo do partido para consolidar o cambio de ciclo político en Galicia e para rematar coas políticas do PP de Alberto Núñez Feijóo
Publicado por o día 16/01/2020 na sección de Galicia,Podemos,Política,Santiago

Podemos Compostela comprométese a impulsar o cambio político en Galicia

O Círculo de Podemos Compostela acordou esta semana impulsar desde a agrupación o traballo do partido para consolidar o novo ciclo político que se abre en Galicia tras a conformación dun Goberno de progreso no Estado, e co obxectivo de rematar no país coas políticas do Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo.

Na reunión, o Círculo de Podemos Compostela acordou tamén estratexias concretas destinadas a apoiar ás demandas da cidadanía e da sociedade civil organizada en diversas materias:

– Dar continuidade á loita contra os plásticos iniciada por Podemos Galicia dentro da campaña Podemos Vivir Sen Plásticos.

– Impulsar un gran acordo social pola auga, apostando pola xestión pública do ciclo integral da auga dentro da estratexia da loita contra o cambio climático e as súas consecuencias.

– Traballar contra a precariedade laboral, a falta de oportunidades para os traballadores, especialmente para a mocidade,  e para resolver a problemática do acceso á vivenda.

– Incluír o feminismo como elemento trasversal e fundamental a toda a acción política que se faga dende Podemos Compostela.

A reunión acadou cifras de participación que recuperan as acadadas nos inicios de Podemos na cidade. E contou coa presencia e apoio da voceira do Consello de Coordinación de Podemos Galicia e secretaria de Feminismos, Verónica Hermida, e da voceira do Grupo Común da Esquerda e secretaria de Municipalismos, Luca Chao.

O Círculo volverá a reunirse o vindeiro 5 de febreiro para seguir definindo as principais liñas de acción política de Podemos Compostela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.