Podemos Galicia apoiará as movilizacións do vindeiro dia dous da plataforma PROCAPDOurense

Publicado por o día 23/01/2017 na sección de Galicia,Ourense,Podemos,Política,Vigo

Podemos Galicia apoiará as movilizacións do vindeiro dia dous da plataforma PROCAPDOurense

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, acompañada por Natalia Prieto e Marta Díaz Marcos,en representación da área de igualdade do Consello autonómico, mantiveron na tarde de onte un encontro con representantes da plataforma PROCAPDOurense, composta por pais e nais de persoas con discapacidade, que dende febreiro de 2016 reclama a apertura dun CAPD (Centro de Atención a Persoas con Discapacidade) na provincia de Ourense. Esta provincia carece actualmente dun centro deste tipo, como sí teñen as outras tres provincias galegas. Como resultado desta xuntanza, Podemos Galicia colaborará coa plataforma de distintas tarefas preparatorias da manifestación que esta prevista para o 2 de febreiro en Ourense.

PROCAPDOurense puxo en coñecemento do equipo de traballo de Podemos Galicia a situación destes centros, dos que existe un por cada provincia galega, agás en Ourense, e que suman un total de trescentas vinte prazas. Membros da plataforma manifestaron na xuntanza as problemáticas que teñen que recorrer as usuarias e usuarios.

A plataforma tamén levou a cabo unha campaña de recollida de firmas entre a veciñanza da provincia, conseguindo que neste intre máis de 50000 persoas avalen a solicitude e poñendo de manifesto que se trata dunha problemática percibida como moi real pola cidadanía ourensá.

A xunta de Galicia, coñecedora desta situación, ofreceu un centro público en Mariñamansa, que contaría só con 30 prazas de día e 18 residenciais e con previsión dunha ampliación por fases que levaría a 50 o total de prazas residenciais, sen concretar datas e prezos. A plataforma, logo de analizar co detemento a oferta, que engade á escaseza de prazas a falta de dotación de servizos básicos imprescindibles como fisioterapeutas ou logopedas, decidíu rexeitar a proposta.