Podemos Galicia celebra unha conferencia coloquio sobre Renda Básica

Terá lugar o mércores 26 ás 20.00 no Centro Neural As Cercas, e contará coa presenza do economista Fernando Martínez.
Publicado por o día 25/10/2016 na sección de Cultura,Podemos

Podemos Galicia celebra unha conferencia coloquio sobre Renda Básica

Podemos Galicia celebrará mañá mércores día 26 unha conferencia – coloquio sobre a renda básica incondicional como ferramenta para combater a pobreza e a desigualdade. O acto terá lugar ás 20.00 no Centro Neural As Cercas de Gondomar e contará coa participación do economista Fernando Martínez, membro do Círculo Podemos Renda Básica, que falará sobre esta ferramenta económica e a súa utilidade para mellorar a redistribución da riqueza.

Rematada a ponencia, dará comezo unha mesa redonda onde o sindicalista da CGT Miguel Cuña e as activistas Marta Díaz (Podemos Pontevedra) e Andrea Traverso (Xeración Morada) porán en común as ventaxas e inconvenientes da medida, dando resposta a algunhas das dúbidas máis frecuentes que xorden no debate sobre a Renda Básica.