Podemos Galicia celebra unha palestra sobre a renda básica en Vigo

A palestra dará comenzó ás 20.00 no café La Corsa del Palio, na rúa Uruguay no 4, en Vigo.
Publicado por o día 08/11/2016 na sección de Podemos,Social,Vigo

Podemos Galicia celebra unha palestra sobre a renda básica en Vigo

O acto será aberto ata completar aforo.

Podemos Galicia celebra mañá mércores ás 20.00 no café “La Corsa del Palio” (r/ Uruguay no 4) de Vigo unha nova palestra sobre a renda básica como ferramenta para combater a desigualdade social e o seu valor como medida de transformación social. O acto contará coa presenza do economista do Círculo Podemos Renda Básica Fernando Martínez, a membro do Círculo Podemos Pontevedra, Marta Díaz e o membro de Xeración Morada, Sergio Míguez. Tamén participará a membro do Foro Socioeducativo “Os Ninguéns”, Carlota Leiras, que achegará as percepcións deste colectivo sobre a utilidade e perspectivas da renda básica como ferramenta de loita contra a exclusión social.

Esta palestra forma parte do roteiro que a formación está levando a cabo pola xeografía galega para achegar ás persoas interesadas información de primeira man sobre esta proposta de Podemos, unha das que máis dúbidas desperta e sobre a que máis mitos e medias verdades existen.

O vindeiro sábado día 12 celebraranse dúas novas edicións desta palestra: ás 1.30 en Chantada (Lugo) e ás 19.00 no Barco (Ourense).