Podemos Galicia celebra unha palestra sobre A Renda Básica

A palestra dará comenzó ás 18.00 no multiusos Ángel Bedriñana (rúa Caravela La Pinta s/n). O acto será aberto ata completar aforo.
Publicado por o día 02/12/2016 na sección de Podemos,Política,Social,Vigo

Podemos Galicia celebra unha palestra sobre A Renda Básica

Podemos Galicia celebra mañá sábado no Multiusos Ángel Bedriñana (r/ Caravela La Pinta s/n), Baiona, unha nova palestra sobre a renda básica como ferramenta para combater a desigualdade e o seu valor como medida de transformación social.

O acto contará coa presenza do economista do Círculo Podemos Renda Básica Fernando Martínez, a membro do Círculo Podemos Pontevedra, Marta Díaz, David Crespo, de Xeración Morada e Eusebio Otero, graduado social xubilado.

Esta palestra forma parte do roteiro que a formación está levando a cabo pola xeografía galega para achegar ás persoas interesadas información de primeira man sobre esta proposta de Podemos, unha das que máis dúbidas desperta e sobre a que máis mitos e medias verdades existen.