Podemos Galicia celebra unha xornada sobre linguaxe inclusiva

Publicado por o día 06/02/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Podemos Galicia celebra unha xornada sobre linguaxe inclusiva

Podemos Galicia celebrou esta fin de semana en Vigo un faladoiro formativo sobre linguaxe inclusiva. No acto, organizado polas áreas de igualdade e feminismos de Podemos Galicia e baseado no manual de linguaxe inclusiva que o seminario feminista Feminario creou como guía para a Universidade de Vigo, María Platas contextualizou a existencia do sexismo na linguaxe como un feito troncal, relacionado directamente coa construción cultural da realidade e coma un reflexo dos nosos costumes, ideais e sentimentos. Neste sentido, Platas sinalou que “posto que a realidade que existe o fai a través da linguaxe, é fundamental facer un uso adecuado do mesmo”.

A poñente tamén sinalou como a linguaxe inclusiva “non é caprichosa nin unha moda”, senón que cumple dúas finalidades moi claras: en primeiro lugar, dar visibilidade a máis da metada da poboación, que desaparece da linguaxe nas estruturas tradicionais construidas en torno ao masculino como centro e referente que fai que outras realidades “non existan”. En segundo, o emprego da linguaxe inclusiva serve como defensa dos valores democráticos e de igualdade, pois reclama a posta ao mesmo nivel de ambos xéneros na linguaxe cotiá.

Profundando, María Platas sinalou o erro común de asumir que a forma que adopta a lingua é unha expresión democrática derivada dos usos e costumes da colectividade, sinalando, con Mercedes Bengoechea, que o uso da língua é democrático, pero non o son as normas que a rexen, que son creadas dende arriba e impostas. A poñente exemplificou este plantexamento facendo referencia á lingua castelá, onde no século XVI se abandonou o xénero neutro latino e instaurouse o masculino como xenérico, por ser considerado máis noble.

María Platas tamén fixo un repaso rápido dalgunhas das estratexias que a xente ten a súa man para un emprego non sexista da lingua, invitando ás persoas asistentes a facer un uso cotiá das mesmas insertándoas no seu discurso oral e escrito. Deste xeito, “permítese unha comunicación fluída e económica, que non invisibilice á muller, sen ambigüidades e que non lle outorgue ao masculino a cualidade de universal, algo que por extensión converte o feminino en excepcional e diferente”.

O acto tivo lugar na sede de Podemos Galicia, na rúa Uruguay de Vigo e contou coa condución de Chelo Ribadulla, do círculo de feminismos galego. Ao redor de 25 persoas achegáronse ata o local, levando a formación por enriba das dúas horas e media coas preguntas e o debate que propiciou a quenda de intervencións.

Podemos Galicia quere agradecer a María Platas a súa disposición a impartir esta formación tan necesaria para a construción de realidades non discriminatorias e para a democratización da nosa propia sociedade, unha meta ineludible para poder falar dese futuro en igualdade que levamos demasiado tempo retrasando.