Podemos Galicia chama a unha fronte o máis ampla posible para seguir avanzando na recuperación para a xente das institucións en 2019

Carmen Santos defendeu o valor de Podemos nas marcas electorais e as papeletas “por todo o que significan para o cambio político no noso país: a nova forma de facer política, a limpeza fronte a corrupción do PP, a ruptura democrática, a transparencia e a participación cidadá”.
Publicado por o día 11/03/2018 na sección de Galicia,Podemos,Política

Podemos Galicia chama a unha fronte o máis ampla posible para seguir avanzando na recuperación para a xente das institucións en 2019

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos chamou a “construír as frontes de cambio máis amplas posibles para as próximas eleccións municipais e europeas”, en declaracións feitas este mediodía para facer unha primeira valoración do Consello Cidadán que onte Podemos celebrou en Madrid. Santos insistiu na necesidade de “avanzar na recuperación das institucións para a cidadanía fronte á corrupción, a mala xestión e a política clientelar e caciquil do partido popular e os seus socios do Ibex-35 en Galicia”.

A secretaria xeral de Podemos en Galicia puxo en valor unha vez máis, que “serán os inscritos e inscritas os que decidan a política de alianzas” da formación morada coa votación que expuxo o Consello Cidadán, e defendeu o valor de Podemos nas marcas electorais e as papeletas “por todo o que significan para o cambio político no noso país: a nova forma de facer política, a limpeza fronte a corrupción do PP, a ruptura democrática, a transparencia e a participación cidadá tanto para os galegos e galegas como para a xente no conxunto do estado.”