No acto da cidade olívica participará tamén a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos.
O xornalista e director da revista Alternativas Económicas Andreu Missé impartirá mañá martes dúas conferencias nas que presentará o seu libro “La Gran Estafa de las Preferentes”, no que aborda os abusos por parte das entidades bancarias durante os anos da crise e a impunidade coa que actuaron.
A primeira das presentacións terá lugar ás 17.00 no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona. O acto contará coa participación da deputada autonómica de En Marea por A Coruña, Magdalena Barahona.
Posteriormente, ás 20.30, Missé levará a cabo unha segunda presentación, esta vez no café La Corsa del Palio de Vigo (r/ Uruguay no 4), na que tamén intervirá a secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada autonómica de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos.
O xornalista levará a cabo dúas novas presentacións mañá mércores 19 na cidade de Pontevedra e na vila de Ribeira, coas que porá fin a súa xira galega.
Andreu Missé i Ferran é un xornalista catalán, licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona e director da revista Alternativas Económicas.
Missé iniciou a súa carreira na revista Primera Plana e foi membro fundador de El Periódico de Catalunya. No ano 2009 foi galardoado co premio Salvador de Madariaga e, no 2015 co premio internacional de xornalismo Manuel Vázquez Montalbán.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.