Podemos Galicia defenderá esta fin de semana as vantaxes da eficiencia nas vivendas e da enerxía da natureza

Un grupo de expertos dará conta en Vigo de por qué unha vivenda con certificado de categoría de eficiencia enerxética A xeran un aforro de ata un 90 por cento da enerxía consumida comparado cos de categoría G
Publicado por o día 07/04/2017 na sección de Eventos,Medio Ambiente,Podemos,Política,Vigo

Podemos Galicia defenderá esta fin de semana as vantaxes da eficiencia nas vivendas e da enerxía da natureza

Podemos Galicia continúa esta fin de semana coa súa ruta Primavera da Cultura Enerxética, coa que está percorrendo as principais cidades do país para concienciar á poboación sobre a necesidade dun cambio no modelo enerxético cara un modelo máis sostible.

Nesta ocasión, Vigo e Ourense serán as cidades de acollida o sábado e o domingo para falar, concretamente, dos beneficios dunha vivenda eficiente (Vigo) e da importancia da enerxía da natureza (Ourense).

Podemos Galicia puxo en marcha esta iniciativa hai un par de semanas ante a necesidade de que se acometa, canto antes, esta transición enerxética, tanto por respecto e coidado do medio ambiente senón tamén polas vantaxes económicas que tería para a sociedade, incluso de
creación de postos de traballo a través das renovables.

Modelo 100% sostible VS lobby eléctricas

Dende esta organización, están certos de que a opción dun modelo 100 por cento sostible é viable, só precisa de vontade política, non de gobernos como os exercidos polo PP nos últimos anos, que adoptaron e están a adoptar medidas totalmente contrarias, co fin de beneficiar ao
lobby das eléctricas e non aos cidadáns.

Cómpre tamén, para Podemos, que se faga, por tanto, un traballo de pedagoxía e concienciación entre a sociedade para que coñeza as posibilidades dun novo modelo e o asuma como unha esixencia máis, prioritaria, ao goberno.

Eficiencia na vivenda

Co fin de abranguer todo o abano de posibilidades e aplicacións do novo modelo enerxético, cada xornada está adicada a un aspecto concreto, no caso do próximo sábado en Vigo o tema será as vantaxes da Eficiencia na Vivenda, pois preto do 16 por cento de toda a enerxía que se consume
vén das casas.

Non é ningunha novidade xa falar de que unha vivenda cun certificado de categoría de eficiencia A xerará un aforro de ata o 90 por cento na enerxía consumida respecto dunha catalogada cun nivel G. Esta evidencia, á que os consumidores xa comezan a estar afeitos, só precisa dun pequeno paso por parte do cidadán e da suficiente responsabilidade política para que se poida facer efectiva a adaptación destas categorías.

Podemos Galicia, para explicar esta e outras cuestións contará cos seguintes relatores:
Luis Díaz Allegue (Investigador do Instituto de Enerxía Solar)
Marta Díaz Marcos (Responsable da Área de Igualdade Cidadá de PG)
Marlene Pérez (Secretaria de Economía de PG)
O encontro terá lugar ás 19.00 h na Cultural

Enerxía da natureza

No caso do próximo domingo en Ourense o tema será as vantaxes da Enerxía da Natureza, da que Galicia é privilexiada, ademais.

Dende Podemos lembran que o potencial dos ríos, mares, bosques, ventos e terra galegos son grandes vectores enerxéticos capaces de producir todo o que necesita o País. Sen embargo, Galicia é a terceira Comunidade que máis contamina e, ao tempo, a que paga os prezos
máis abusivos tendo en conta o que produce.

No encontro participarán os seguintes relatores:
Andrea Traverso (Xeración Morada)
Santiago López-Guerra (Presidente de ACLUXEGA e Secretario Xeral de
Zona Franca Vigo)
Luís Villamarín (Amigos da Terra)

Cartaz