Podemos Galicia desprazarase mañá a Barcelona a Manifestación BCN “No tinc por”

Publicado por o día 25/08/2017 na sección de Podemos,Política,Protestas

Podemos Galicia desprazarase mañá a Barcelona a Manifestación BCN “No tinc por”

A Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, desprazarase mañá a Barcelona, acompañada por Marlene Pérez, tamén membro da Executiva da formación morada, para participar na manifestación que se celebrará a partir das 18.00 H en solidariedade co pobo catalán e en repulsa do atentado terrorista que sofriu a cidade hai unhas semanas.

Podemos Galicia súmase así aos demais Secretarios Xerais do partido que acudirán á cidade condal para trasladar de primeira man o apoio e fraternidade dos diferentes territorios do Estado cos cidadáns e cidadás de Barcelona e de Cataluña. Trátase dunha convocatoria para berrar conxuntamente contra a barbarie da violencia terrorista e para amosar que, fronte ao medo e a sinrazón, está a unidade dos que cren e respectan a liberdade, a diferencia e, nunha palabra, a democracia.

Podemos Galicia, así como os principais líderes estatais da formación morada, participarán seguindo o exemplo de Ada Colaou, de deixar o protagonismo á cidadanía, aos verdadeiros héroes desta traxedia, que dalgún xeito a viviron en primeira persoa, como familiares ou amigos das vítimas ou axudando ou colaborando dalgún xeito na investigación.