Podemos Galicia participa no encontro de SOS Sanidade celebrado en Santiago

Por o 15/11/2016 | Sección: Podemos,Política,Sanidad,Santiago,Vigo
Podemos Galicia participa no encontro de SOS Sanidade celebrado en Santiago

A secretaria xeral de Podemos Galicia, e deputada de En Marea, Carmen Santos, sinalou hoxe nunha xuntanza cos integrantes da plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago que “Repartir infeccións, lesións e hematomas nos enfermos non é unha boa xestión da sanidade galega”, tras o sobreseimiento da denuncia da plataforma SOS Sanidade Pública contra o Sergas pola mala calidade das agullas de insulina que usan os pacentes diabéticos, e que levou a consellería a rectificar o concurso para comprar estos productos . A Secretaria xeral de podemos estivo acompañada pola tamén deputada de En Marea Magdalena Barahona e a responsable da área de sanidade de Podemos Galicia Isabel Pintor que trataron cos membros de SOS Sanidade temas tan vitáis para a cidadanía coma os riscos para o sistema sanitario público galego tralo novo trunfo electoral do PP en Galicia.

Santos advertiu que “é vital falar da situación dos hospitais afectados polas políticas de recorte de Núñez Feijoo: Vigo, Morrazo, Pontevedra, Lugo, A Coruña e os comarcáis” así como “da Atención Primaria desmantelada polas Xerencias Únicas e abordar os problemas asociados ás políticas de recortes de dereitos sanitarios do PP” A Secretaria xeral de Podemos Galicia referíuse en concreto ás limitacións no dereito á interrupción voluntaria do embarazo, das que sinalou que “ademáis de repugnantes e desprezables son un mal negocio para a sanidade galega. O PP de Galicia está empurrando a moitas mulleres xóvenes ou sen recursos a sitios que moitas veces non garanten todas as condicións sanitarias e onde se fará moito negocio, con sobres ou sin sobres, pero poñendo en perigo á súa vida e enchendo a sanidade pública galega, a posteriori, de infeccións, hemorraxias, complicacións derivadas das anestesias, embolias, perforacións, ou desgarros do útero”.

Por último Santos referíuse ó persoal sanitario galego do que sinalou que “lle salva a cara todos os días ao señor Feijóo co seu bo traballo”.