Podemos Galicia pon a debate o emprego e a renda básica en Vigo

Julen Bollaín, membro de Rede Renda Básica, de Basic Income Earth Network, e deputado no parlamento vasco por Elkarrekin Podemos falará sobre “O fracaso das rendas mínimas garantidas e a necesidade dunha renda básica incondicional”.
Publicado por o día 20/04/2018 na sección de Galicia,Podemos,Política,Vigo

Podemos Galicia pon a debate o emprego e a renda básica en Vigo

A área de emprego de Podemos Galicia organiza unhas novas xornadas sobre emprego e renda básica. Nesta ocasión as charlas e actividades serán mañá sábado día 21 en Vigo, no Cristo da Vitoria (Rúa Baiona 9) e serán pechadas pola secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos.

A xornada, aberta a toda a cidadanía e que arrinca ás dez e media da mañá, celebrarase durante todo o día, e contará entre outros co economista Julen Bollaín, membro de Rede Renda Básica, de Basic Income Earth Network, e deputado no parlamento vasco por Elkarrekin Podemos que falará sobre “O fracaso das rendas mínimas garantidas e a necesidade dunha renda básica incondicional”; así como a concelleira de distrito de Barcelona Eva Campos Paladio que abordará o proxecto piloto no que se traballa na cidade condal.

Por parte de Podemos Galicia estarán presentes nas mesas o consultor, formador e licenciado en Ciencias Empresariais Fernando Martínez membro do círculo estatal de Podemos Renda Básica, e a psicóloga e membro do círculo de feminismos de Podemos Galicia, Marta Díaz entre outros.