Podemos inicia ruta para concienciar sobre a necesidade dunha transición enerxética a modelo máis sostible

Baixo o lema: ​Primavera da Cultura Enerxética​, a Secretaría de Economía celebrará diferentes conferencias nas principais cidades para abordar, da man de expertos na materia, a transcendencia da devandita transición no rural, no fogar, na vivenda e na natureza.
Por o 17/03/2017 | Sección: Podemos,Política,Vigo
Podemos inicia ruta para concienciar sobre a necesidade dunha transición enerxética a modelo máis sostible
Compartir en:

Podemos Galicia, a través da Área de Enerxía da Secretaría de Economía, vén de organizar a ruta: Primavera da cultura Enerxética, que percorrerá as principais cidades do país co obxecto de concienciar sobre a necesidade da transición cara un modelo enerxético sostible e, sobre todo, de demostrar que esa transición en Galicia é viable.

A ruta, que comezará mañá en Lugo baixo o tema #EnerxíaNoRural, abordará en cada cidade un aspecto diferente dos principais a ter en conta á hora de apostar pola devandita transición, que só implica beneficios: cara á saúde, á eficiencia, ao aforro e á preservación da natureza, entre outros, segundo a organización.

Tamén a creazón de emprego é un dos motivos a ter en conta para apostar por unhas políticas máis respectuosas co medio ambiente. Está demostrado, segundo os diferentes estudos manexados por Podemos, que un Plan de Transición Enerxética no Estado pode crear 300.000 novos empregos no sector das enerxías renovables, sendo unha importante vía de especialización enfocada á creazón de empregos de calidade e alto valor engadido.

Un modelo enerxético para x cidadán vs as eléctricas A través dunha serie de conferencias, tentará demostrarse a viabilidade e a necesidade de políticas que primen o coidado do medio frente á ganancia dos oligopolios, grazas á participación nas mesmas de distintos expertos como : Luís Díaz, do Instituto de Enerxía Solar, que abre mañá en Lugo a ruta, Óscar Nogueira, vicepresidente de AGAEN ou Alba del Campo, xornalista e membro da Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, un colectivo que reúne a case 350 organizacións de todo o Estado, encargada de pechala o día 22 de abril en Santiago.

A secretaria de Economía, Marlene Pérez, é consciente de que este tipo de temas, aínda que cada vez é maior a concienciación medioambiental, non son os preferidos polas axendas mediáticas, sobre todo as máis vencelladas ao poder, polo que fai un chamamento non só á participación, senón tamén á súa difusión porque “nos últimos anos o goberno do PP tomou as medidas contrarias ao que se precisa, coas consecuencias que todos coñecemos, de contaminación pero tamén de moito sofrimento para familias que non poden pagar a factura das eléctricas, as grandes beneficiarias das políticas conservadoras”.

“O PP dobregouse ao lobby eléctrico -engade Marlene -aprobou unha regulación tremendamente restritiva co autoconsumo (imposto ao sol), fixo unha moratoria á instalacións de renovables durante catro anos e eliminou as primas creando inseguridade xurídica, e todo a costa dos cidadáns, que ve como a factura da luz non deixa de medrar”.

Calendario

Dado que a primavera é un tempo especialmente agradable para desfrutar do patrimonio natural do que goza Galicia, semella tamén un tempo moi acaído para ser conscientes do importante que é preservalo e comprobar o nivel de degradación que está a padecer e seguirá a sofrer se non se lle pon freo coas medidas axeitadas.

Con este fin, a Ruta Primavera da Cultura Enerxética, campaña que xa leva días activada nas redes, viaxará por:

Lugo. 18 Marzo #EnerxíanoRura

A Coruña. 1 Abril #Fogar100%Sostible

Vigo. 8 Abril #EficienciaNaVivenda “. Durante esta xornada, antes da conferencia, está prevista facer un pequeno traballo lúdico de concienciación dos máis pequenos cunha parada na cidade de Pontevedra baixo o lema “eco-escola””

Ourense. 9 Abril #AEnerxíadaNatureza

Santiago. 22 Abril #ATransiciónEnerxética