Opinión por Tonio Nogueira | Podemos non foi nin é o 15M

Por o 19/12/2017 | Sección: Opinión,Política
Opinión por Tonio Nogueira | Podemos non foi nin é o 15M

Por Tonio Nogueira, activista social, militante do PCPG e científico

O 15M non foi nin é Podemos, pero nin por asomo, o 15M non ten nada a ver co Lobby Complutense. Sei ben do que falo. Vivín e formei parte do 15M Galiza dende os seus inicios e 

 

dun xeito moi activo. Participei no 15M Morrazo, unha das asambleas comarcais do 15M cun carácter máis combativo e a esquerda, xa non de toda Galiza, senón que seguramente a nivel de todo o reino de Espanha, e cheguei a asistir a practicamente tódalas xuntanzas a nivel galego.

Seino, este artigo chega tarde, moi tarde, pero millor tarde ca nunca, e o certo é que o papel que esta xogando Podemos entorno ao que esta suponhendo todo o Procés catalán, tratase de algo esclarecedor ata para o mais cego dos choscos. Un papel reaccionario, contra-transformador e no fondo alinhado co mantemento do réxime do 78. Sen dúbida danos a razón definitiva e taxativa, a todas aquelas persoas e grupos da esquerda consecuente, que vimos criticando a dexeneración daquel proxecto político dende que saíu a luz no 2.014.

E non,  repito, Podemos non é o 15M. Esta foi a gran mentira que xerou como base de arranque o Lobby Complutense para artellar o seu tinglado. E si, chámolle tinglado, porque só en 3 anos ata perverteron o seu propio proxecto dun xeito esperpéntico.

Mais ala de hipóteses conspiradoras sobre o seu nacemento, o 15M foi un movemento espontáneo de toma directa, asemblearia, diversa e masiva das prazas e das rúas, a través de todo o territorio do estado. Sobre pasou infinitas veces ao movemento de DRY ( colectivo ao cal se lle achaca o seu nacemento) e que desbordou o liderado inicial que mantivo a Acampada Sol.

Unha parte das direccións da esquerda consecuente xa organizada naquel momento, debería facer unha forte autocrítica (a maioría reconhéceno en privado) por ter mantido unha postura de superioridade, sectarismo e pasividade ante un movemento social de tal envergadura, e de vez “entregarllo” en bandexa a desinformación e desideoloxización do sistema, mais ao Lobby da Complutense e algúns outros sectores dos antecesores de Podemos, o PCE carrillista.

O 15M ao longo dos 3-4 meses da acampada desenvolveu e acordou un ideario con  4 puntos básicos, que se non me falla a memoria incluso chegaron a ser aprobados, detalle arriba detalle abaixo, mediante asemblea en case tódalas acampadas ao longo e ancho do estado español:

1. Crear unha Democracia Participativa que substituíra a falsa Democracia Representativa actual: Eliminación privilexios clase política, listas abertas, cambio da lei electoral actual e fraudulenta, normalización cotiá dos referendos e das consultas públicas, orzamentos participados, etc

  1. NON a ningún recorte, defensa de todos e cada un dos servizos públicos.
  2. Creación de bancas públicas no estado e fomento das cooperativas de crédito.
  3. ANTIMILITARISMO. Paz no mundo, non a OTAN.

A estes 4 puntos hai que engadir un 5 engadido a maiores no 15M Morrazo, do que estarei sempre moi orgulloso.

  1. Prioridade para con a auto-organización do movemento social de base local e comarcal.
    Que na practica suponhía unha vontade de defender a democracia participativa real, salvagardarse de dinámicas electoralistas-institucionalistas e defender a soberanía popular coma un dereito pleno e maiúsculo.

Destas 5 linhas ideolóxicas básicas Podemos só esta cumprindo parcialmente a primeira e a segunda. Un programa carente de calquera cambio estrutural e de calado. Un compendio dunhas poucas reformas lóxicas e técnicas para calquera persoa co mais mínimo de conciencia democrática, non rupturista e de centro, un programa de cambio-farsa , cun discurso centrado só contra a punta do iceberg da corrupción que podería asinar o PSC e a ala esquerda do PSOE moi tranquilamente (http://www.eldiario.es/politica/Podemos-programa-resumido-claves).

Así pois,  falando de democracia participativa, o que nacera como gran promesa da NOVA política converteuse enseguida nun partido da política mais VELLA. Dirixidos por un aparato partidista de cúpulas electas mediante voto-facebook, superparticipado olles, e subordinado a tratos con parte da oligarquía espanhola especialmente no campo mediatizado. E de paso purgando a todos aquelas bases e dirixentes intermedios “molestos” que amosaran posturas coherentes de esquerda. Muit@s destes purgad@s eran precisamente persoas que vinhan en boa parte do 15M e que ergueron e construíron Podemos dende cero.

Se nos vamos ao punto N 2, pois como sabedes o sindicato “oficial” de Podemos é o sindicato amarelo e pactista de CC.OO., aínda que muitos dos dirixentes actuais de Podemos mais a dereita directamente rexeitan e detestan o sindicalismo como concepto. Engadirlle o de “no somos ni de izquierdas, ni de derechas” e xa non haberá mais preguntas senhoría. Hai quen combate o sistema e hai quen intenta reformalo para facelo sobrevivir, así é a historia da socialdemocracia.

En canto ao punto N 3 do 15M, o da banca pública, Podemos simplemente renuncia, non vaia a ser que se enfade A3 Media Corporation S.A. e despois non saímos na Tv para manter os votinhos. De feito renunciaron a calquera medida económica transcendente. Renunciaron a auditoría da débeda, a renda básica, a cambios na política de impostos, a nacionalización dos sectores estratéxicos…; maquillaxe rupturista, dar a impresión de cambialo todo para que nada cambie.

Pero o meu favorito é o trato que Podemos fai ao punto N 4 mantido polo seu movemento supostamente “predecesor”. Podemos actúa como un entrampado subordinado e valedor da alianza criminal da OTAN. “La OTAN es necesaria y Podemos respectará los compromisos”.
Para que non houbese dúbidas de esta fidelidade ao Imperio, Sergio Pascual acentuábano declarando que Podemos mantería o acordo que permite a existencia de bases americanas en Espanha (https://www.lahaine.org/est_espanol.php/julio-rodriguez-el-general-otanista).

Non só aceptan e se alienan plenamente coa OTAN, senón que unha das súas figuras de referencia públicas, é Julio Rodríguez, xeneral pro-OTAN e Pro-ianki. Ex- Jefe del Estado Mayor de la Defensa  co goberno sociata de Zapatero e un dos coordinadores da campanha militar criminal de invasión e saqueo de Libya. Alguén da mais?. Ai !!, aqueles mitins con Tsipras, actual defensor do capitalismo e azote desalmado dos refuxiados en Grecia.

En canto ao tema da soberanía, venderon fume dende o principio, e todo este conto absurdo da patria espanhola plurinacional e a defensa do dereito a decidir bla bla bla, era trola, fachada mediática unha mais na súa listaxe na carreira polo escano. Cando o PCE xunto co PSOE pactou o réxime do 78 coas elites da ditadura, non só entregou a luita obreira senón que tamén entregou a luita pola liberación dos pobos oprimidos, e asumiu os preceptos franquistas da indisolubilidade da patria espanhola burguesa. Podemos dende o principio arrastrou a impostura traidora cos pobos e coas esquerdas dos seus antecesores do PCE carrillista, punto no que afondarei noutro momento.

Como ben explica Ramón Cotarelo, “el independentismo catalán ha hecho picadillo a la “izquierda” española” (https://cotarelo.blogspot.com.es/2017/12/la-izquierda-reaccionaria.html).

Comezaron metendo o pezunho os axentes mais reaccionarios, como Carolina Bescansa, ala polo 2.014 con aquilo de, “La gente se pregunta si podrá pagar las facturas, no qué es Galicia”. (https://elpais.com/ccaa/2014/12/26/galicia/1419614904_066536.html).

Como se esta senhora, doutora en ciencias políticas, non soubera que a soberanía dos pobos esta directamente ligada ao seus índices de progreso e benestar. Galiza esta condenada por políticas do reino capitalista-centralista de Espanha, a ser unha zona produtora de materia prima e de man de obra barata. Unha política de impostos detestábel, espolio da nosa enerxía eléctrica e alimentos, madeira e minerais, déficit de infraestruturas e sector de industria lixeira e manufactureiro. Espanha róubannos miles de millóns de euros cada ano e iso provoca pobreza, desemprego e emigración aquí, donha Carolina. Igual dende a súa poltrona acomodada en Madrid non é vostede capaz de velo ou sinxelamente non lle importa.

Despois chegou Monedero ala polo 2.015 coa súa diarrea mental de pseudointelectual prostrado, e resulta que “la independencia es un sueño no real, porque llevamos cinco siglos de andadura conjunta».  (http://www.naiz.eus/es/actualidad/noticia/20150312/monedero-el-sueno-de-la-independencia-no-es-real-porque-llevamos-cinco-siglos-juntos). Pois ben, o capitalismo leva instaurado mais de 2 séculos, e xa caiu en varias partes do mundo e seguirá a cair, e o reino de espanha, imperio fracasado é paleto, tamén caira.

O que non entendes é que levamos 5 séculos de andadura conxunta a base dunha imposición militar imposta polas oligarquías espanholas, a ferro e lume, Mr. Money; bispos e caciques, a ditadura franquista, Primo de Rivera, os GAL, as leis Corcuera e Mordaza. Lémbroche tamén Mr. Money que a pesares de cincocentos anos de maltrato, centralismo e dominación, a luita pola liberación nacional segue ben viva nos Països Catalans, Euskal Herria e Galiza,  e ten azos de consolidarse e medrar en Andalucía e Canarias, vaianse preparando.

Mentiron, menten e seguirán mentindo, seguramente ata se creen as súas propias mentiras e fantasías de endeusamento. Axudados polos seus amigos de Antena 3 Corporation venderon o conto da unidade (sempre dirixida por eles a base de imposicións), mentres que fragmentaron o voto da esquerda nas nacións sen estado e  posicionánse en contra do Procés Republicano en Catalunya. Dixeron mentiras tan gordas como que o Procés era algo dirixido pola dereita, cando saben perfectamente que se trata dun proceso transversal onde participan millóns de persoas. Ou dicindo animaladas tan estúpidas e ruíns como que o independentismo catalán segue unha estratexia de “provocación” igual ca de ETA ou que son culpábeis de “despertar” ao fascismo en Espanha, manda truco, seguen a estratexia do PP e do réxime do 78, todo o que molesta ao poder establecido, es ETA, antisistemas, radicales, pero que vergonha. (http://www.directe.cat/noticia/691588/monedero-equipara-l-estrategia-independentista-amb-la-d-eta).

O dano esta feito enganaron a muito “indignado” e a muito “descontento”, as súas promesas de fume desmobilizaron os eslavóns mais fracos da luita social, pero xa rematou esta historia, borranchón e nova conta porfavor (http://www.sermosgaliza.gal/opinion/tonio-nogueira/reubicacion-na-encrucillada/20170321182621055899.html).

Estas acabado Coleta Morada,  ti e o resto do Lobby de la Complu, xa non enganhades a ninguén, activo e coherente no plano da rebeldía social. Espidos de tódalas máscaras amosáronse coma un fato de mequetrefes contrarrevolucionarios, covardes, entreguistas, interesados, a política mais vella, pervertida e nacionalista imperial espanhola. Xa non hai disfrazes de confluencias que poidan usar e  vender, segundo as súas propias verbas “son la garantía de la unidad de la patria de Espanha”, vós, vós si que sodes chauvinistas. Váyanse al carajo yankis de mierda, que aquí hay un pueblo digno, GO HOME !!.

Cada vez mais desacreditados, non son nin serán cambio de nada, e ten que estar descartada calquera posibilidade de falsas unidades e acordos preelectorais con este corpúsculos do sistema do réxime do 78. Chega a hora de que a esquerda consecuente e soberana se una e colabore dende Galiza ata os Països Catalans, pasando por Euskal Herria, Andalucía, Canarias e Castela. É hora de volver a tomar de novo a rúa e os barrios con traballo de base, fora de derivas electoralistas, e sempre fora de calquera centralismo patoloxico.

Xunt@s claro que poderemos.
Rachemos o réxime do 78, Catalunya vai en cabesa.

Viva a solidariedade internacionalista dos pobos do mundo !!

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.