Podemos pon en marcha o proceso de primarias para a elección de candidatas ao Parlamento de Galicia

Publicado por o día 09/02/2020 na sección de Podemos,Política

Podemos pon en marcha o proceso de primarias para a elección de candidatas ao Parlamento de Galicia

O Consello Cidadán Galego de Podemos aprobou onte o calendario do proceso de Primarias para a elección de candidatas para as eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán este ano. O proceso seguirá os seguintes prazos:

  • 24 de febreiro ao 29 de febreiro: Preinscripciones individuais das candidaturas.
  • 1 de marzo: Publicación das candidaturas provisionais.
  • 2 de marzo: Subsanacións.
  • 3 ao 7 marzo: Concesión dos avais persoais.
  • 3 ao 7 de marzo: Solicitud de concesión dos avais colexiados.
  • 4 de marzo: Peche do censo.
  • 8 de marzo: Inscripción das listas.
  • 9 de marzo: Subsanacións.
  • 10 de marzo: Publicación das candidaturas definitivas.
  • 13 ao 19 de marzo: Campaña electoral e debates presenciais.
  • 14 ao 20 de marzo: Votacións.
  • 23 de marzo: Verificacións, antifraude e reconto.
  • 24 de marzo: Proclamación dos resultados.

O procedemento de Primarias permitirá a Podemos Galicia ofrecer ao electorado galego as mellores candidaturas para impulsar o proxecto de progreso co que a formación quere liderar o cambio político en Galicia, para construir unha sociedade máis xusta, igualitaria, solidaria, feminista e ecoloxista.