Podemos reclama á Comisión Europea unha directiva que garanta o benestar animal

A formación considera que as autorizacións de campionatos de caza de raposos deben estar suxeitas a elaboración dun censo da especie e a un estudo sobre o impacto ecolóxico da actividade cinexética
Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Podemos,Política

Podemos reclama á Comisión Europea unha directiva que garanta o benestar animal

A deputada de Podemos no Parlamento Europeo Idoia Villanueva ven de reclamar á Comisión Europea que avance nunha directiva que garanta o benestar dos animais de compañía, e que proceda a facer unha análise das cacerías indiscriminadas.

A eurodeputada defende que unha sociedade “tamén se define segundo como trate aos seus animais”, e por iso solicita actuacións efectivas ante os episodios de malos tratos e abandono que se están dando no noso país.”

Tras  multiples terribles casos de malos tratos a animais, a eurodeputada de Podemos subliña a necesidade dunha iniciativa para todos os Estados membros da UE que protexa aos animais de compañía. Tamén reclama que se analicen actividades como as cacerías a modo de campionato, como é por exemplo no caso dos raposos. Este xaneiro de novo póñense en marcha os campionatos en Galicia sen contar sequera cun censo previo de poboación nin estudios sobre impacto ecolóxico da actividade cinexética.

Segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia, só no período de 2011-2017 foron abatidos máis de 75.000 raposos no territorio da comunidade autónoma. “Necesitamos adaptarnos á realidade cívica do noso tempo e reflexionar acerca destes comportamentos”, asegurou Villanueva. “Os malos tratos e a tortura non poden seguir formando parte da nosa sociedade” afirmou a eurodeputada..

Comentar noticia

Your email address will not be published.