Podemos reclama á Xunta que explique se comparte o veto do Porto de Vigo a Greenpeace

Marcos Cal, portavoz de Medio Ambiente no Parlamento de Galicia: “ As reticencias do presidente da Autoridade Portuaria á visita do ‘ Rainbow Warrior’ responden ao esforzo do Partido Popular por agochar a realidade do cambio climático”
Publicado por o día 28/07/2019 na sección de Podemos,Política

Podemos reclama á Xunta que explique se comparte o veto do Porto de Vigo a Greenpeace

O deputado e portavoz de Medio Ambiente de Podemos no Parlamento de Galicia Marcos Cal ven de rexistrar unha iniciativa na Cámara na que reclama á Xunta que explique se comparte o veto do Porto de Vigo á entrada nas súas dársenas comerciais do buque Rainbow Warrior, da asociación ecoloxista Greenpeace. O barco realiza unha campaña por toda Europa para denunciar os efectos do cambio climático, na que estaba prevista unha escala en Vigo que a ONG tivo que cancelar a semana pasada. Greenpeace atribuíu a decisión á actitude “hostil” e “obstaculizadora” da Autoridade Portuaria e do seu presidente, Enrique López Veiga, ex deputado do Partido Popular e ex conselleiro de Pesca de la Xunta.

“As reticiencias do presidente da Autoridade Portuaria responden ao esforzo do PP por agochar a realidade do cambio climático e as responsabilidades do seu partido a este respecto”, dixo Cal, quen onte visitou o Rainbow Warrior no porto de Vilagarcía xunto á tamén deputada de Podemos Julia Torregosa, a portavoz de Marea da Vila e portavoz de Podemos en Vilagarcía, Verónica Hermida, e o deputado de Anova Antón Sánchez. Cal recordou que “as malas prácticas medioambientais da autoridade portuaria de Vigo levaron a Ecoloxistas en Acción á otorgarlle a súa bandeira negra”.

Tras a negativa do Porto de Vigo e frente as presións de asociacións ecoloxistas de Arousa como o Colectivo Xuventude Activa en Sinerxia (XAS), o Rainbow Warrior arribou o pasado martes ao porto de Vilagarcía, onde permanecerá ata o martes desenrolando diversas actividades de concienciación e sensibilización sobre a emerxencia climática, ademais de esixir medidas urxentes aos gobernos e empresas, difundir as alternativas viables de participación cidadá en enerxías renovables e mostrar o seu apoio ás iniciativas de transición enerxética impulsadas na Illa de Arousa.

Antes da visita, Cal, Torregosa, Hermida, Sánchez e o portavoz de XAS, Pedro Falcón, reuníronse cos responsables da campaña contra o cambio climático de Greenpeace.

“Concienciar sobre a necesidade de mudar o rumbo para revertir o cmbio climático é unha cuestión fundamental no actual contexto de crise medioambiental e do clima”, subliñou Marcos Cal, quen insistiu en que, “segundo os datos científicos, está en risco a vida das futuras xeracións”. “Seguimos vendo a dirixentes do Partido Popular dicindo que campañas como a de Greenpeace non aportan nada, e a Xunta ten que explicar de que parte está”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.