Podemos remata campaña Primaverda da Cultura Enerxética con xornada adicada á transición a un modelo enerxético sostible

Publicado por o día 23/04/2017 na sección de Podemos,Política,Vigo

Podemos remata campaña Primaverda da Cultura Enerxética con xornada adicada á transición a un modelo enerxético sostible

A campaña comezou o pasado 18 de Marzo, organizada pola área de Enerxía da secretaría de Economía, e rematou hoxe en Santiago coas testemuñas de:

CoteRomero, directora de Ecoo,membro fundadora da Plataforma Por Un Nuevo Modelo Energético, e vogal da Fundación Renovables. Ademais, é coordinadora do libro “Alta Tensión. Luchando por un Nuevo Modelo Energético”, e publicou diversos artigos sobre pobreza enerxética, enerxía e os dereitos humanos. Centrou a súa intervención sobre a democratización enerxética, de como todos debemos tomar conciencia sobre a enerxía que consumimos e sobre que pasos debemos dar para poñer o noso graniño de area.

Alba del Campo, coordinadora da Mesa da Transición Enerxética de Cádiz e asesora do grupo político Sí Se Puede Cádiz. Ademais, é periodista e directora do documental OligopolyOF. Ela falou sobre as políticas enerxéticas municipais q ue xa se están a facer, sobre o bono social e soberanía enerxética.

Óscar Nogueira é voceiro de Agaen – Clúster galego do autoconsumo e da eficiencia enerxética. Explicou as p osibilidades do autoconsumo en Galicia e das trabas lexislativas que o goberno central está a poñer como o famoso “imposto ao sol”.

Luis Diaz Allegue é enxeñeiro químico superior, e traballa no Instituto de Enerxía Solar como investigador. El contounos as principais razóns para acometer o c ambio de modelo e fará de moderador da charla.

Grande oportunidade

Todos e todas as relatores c oincidiron en sinalar que mudar non é só unha necesidade senón unha obriga para quen pensamos e n clave de futuro , de respecto e pervivencia do medio, de mellorar a calidade de vida da xente e acabar co lobby das eléctricas a favor do cidadán e duns prezos xustos.

Neste sentido, lembraron que o acceso á enerxía d etermina o futuro dos países e a súa competencia económica e tecnolóxica , por iso consideran que cómpre a proveitar a oportunidade que temos diante, sobre todo nun país como Galiza, con toda a súa riqueza e potencial en enerxias alternativas.

É unha oportunidade para un mundo máis san, máis xusto e con posibilidade de xerar, a través das renovables, p ostos de traballo , preto de 300.000 en todo o estad, explicaron.

Este acto de peche fíxose coincidir precisamente co D ía da Terra, como un xeito de contribuir, de aportar un g rao de area á loita tan necesaria contra o c ambio climático, toda vez que, ademais, as próximas contas do goberno r educen o orzamento previsto para cumprir os acordos na redución de gases.

Podemos ten iniciativa

Pola súa parte, a secretaria xeral de Podemos, C armen Santos, que estivo presente no acto, xunto aos membros da Executiva, salientou que con este tipo de actividades se demostra que Podemos non só fai política combativa, contra a corrupción e todo tipo de inxustizas, senón quet améntemossolucións,facemospropostas.

Neste caso,”xunto a activistas e sociedade civil demostramos o modelo depaíssocialeprodutivoquequeremosimplantar,f acendopolíticas diferentes nas institucións e na rúa, políticas construtivas, políticas xustas, cooperativistas, porque outro modelo é posible, fronte ao modelo esgotado, corrupto e inmovilista do Partido Popular ”.