Podemos responde con “educación, ilusión e honestidade” aos autores das pintadas na súa sede de Lugo

O secretario xeral municipal, José Manuel Pérez Afonso, insiste en que o partido traballa “para conseguir unha vida mellor para toda a xente”.
Publicado por o día 13/06/2019 na sección de Podemos,Política

Podemos responde con “educación, ilusión e honestidade” aos autores das pintadas na súa sede de Lugo

O secretario xeral de Podemos Lugo, José Manuel Pérez Afonso, asegurou onte que o partido e a súa militancia responderán “con educación, ilusión e honestidade” a quen recurra a accións  incívicas para expresar as súas posicións políticas. Pérez Afonso referíuse así aos autores das pintadas coas que apareceu esta mañá a sede da formación en Lugo.

“Seguimos a traballar para conseguir unha vida mellor para toda a xente, a que nos votou e a que non, incluso para quen nos insultan e tratan de silenciarnos. A intolerancia, o insulto e o vandalismo terán á educación, á ilusión e á honestidade como resposta”, dixo.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, respaldou esa posición, denunciou as pintadas na sede de Lugo e suliñou que Podemos traballa precisamente para que os seus autores “poidan facer uso da súa liberdade de expresión sen medo e sen necesidade de pintar con sprays as sedes dos partidos”.

4 Respuestas a "Podemos responde con “educación, ilusión e honestidade” aos autores das pintadas na súa sede de Lugo"