Podemos Vigo amosa o seu apoio ao colectivo de celadores

Publicado por o día 01/10/2015 na sección de Podemos,Política

Podemos Vigo amosa o seu apoio ao colectivo de celadores

foto: Roberto Solano

Desde Podemos Vigo temos outra que vez que denunciar diante da cidadanía o espolio do público que se está a realizar co novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro.

Nesta ocasión é o colectivo de celadores, traballadoras e traballadores públicos que ven reducidas as súas funcións e son substituídos nas que teñen que ver co “transporte interno”: distribución de material, traslado de mostras biolóxicas, unidades de sangue e hemoderivados, medicacións ou documentación confidencial como as historias clínicas de pacientes. Estas funcións que eran desenvoltas con normalidade e eficiencia polas traballadoras públicas o son a partir de agora por unha empresa privada con traballadoras que sofren unhas pésimas condicións de traballo. Estes profesionais, chamados TIGA, realizan unha labor que estaba perfectamente cuberta cos celadores do SERGAS. Pero ademais isto afecta moi especialmente ao colectivo de celadores con diversas minusvalías, que ao non poder mover pacientes ou trasladar padiolas se atopan coas labores que mellor realizan cubertas pola empresa privada.

Este persoal con minusvalías vai quedar sen traballo e por tanto sofre un mobbing para se xubilaren con baixas pagas de 500€ ou ben veranse abocados a coller baixas por depresión até a súa xubilación por enfermidade longa.

O SERGAS está a incumprir o Estatuto dos Traballadores e as leis que protexen os traballadores con minusvalías ademais de precarizar o servizo que se lles dá aos usuarios dos seus servizos.

O erario público terá que asumir un duplo custo por este postos de traballo o salario dos celadores que quedan sen traballo e o pago á empresa que proporciona os TIGA. Un exemplo máis de que o Álvaro Cunqueiro está pensado para o negocio e non para atender con calidade á sanidade viguesa.

Desde que o abriron os casos sucédense e o privado, o negocio prima sobre o interese público.

En Vigo duascentas mil persoas rexeitamos xa nas rúas este negocio indigno e chapuceiro e día a día os nosos peores temores vense confirmados.

Por todo isto desde Podemos Vigo solidarizámonos coa loita xusta dos celadores pola súa carga de traballo e volvemos a rexeitar este modelo de sanidade que prima o privado e o negocio sobre o público e a asistencia. Podemos aposta polos servizos públicos e pola dignidade dos seus traballadores.

PRENSA PODEMOS VIGO