Podemos Vigo celebra este domingo a súa asemblea mensual

Publicado por o día 03/10/2015 na sección de Podemos,Política

Podemos Vigo celebra este domingo a súa asemblea mensual

Podemos Vigo celebrará este domingo día catro, ás oito da tarde, una nova asemblea aberta no café De Catro a Catro. Nela exporase as actividades desenroladas polas diferentes áreas e grupos de traballo durante o mes de setembro e darase traslado aos asistentes das últimas novidades relativas á formación, especialmente no referente ás eleccións xerais do mes de decembro; por último, trataranse cuestións preparatorias cara á participación de Podemos Vigo no acto das Marchas da Dignidade do vindeiro día vintecatro de outubro en Compostela.

Estas asembleas, que se celebrarán con carácter mensual ata decembro, foron acordadas polas simpatizantes da formación na nosa cidade o pasado día seis de setembro, na asamblea que deu por rematado o proceso de reorganización interna da agrupación municipal.

Podemos Vigo convida a toda a cidadanía viguesa a achegarse á asemblea e coñecer de primeira man o traballo feito ao longo do pasado mes, así como a participar do animado debate que de seguro alimentará o encontro.

PRENSA PODEMOS VIGO